Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/07/21 | 16:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informe ao alcalde de Culleredo do procedemento administrativo para declarar La Cros como Ben de Interese Cultural

O delegado da Xunta explicou que este proceso é complexo porque implica acadar a maior distinción desde o punto de vista patrimonial que se lle pode outorgar a un ben

02/07/21 | 16:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O catálogo da mostra 'Jorge Cabezas is Back!' reúne a figuras como García Alix, Antón Patiño, Reixa, Xoel López ou Yolanda Castaño

O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación deste volume que recolle o proxecto expositivo que acolleu a Fundación Luis Seoane no ano 2019 sobre o traballo do pintor coruñés

02/07/21 | 15:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a disposición da Comunidade a participar na Conferencia sobre o Futuro de Europa coa celebración dun foro sobre Economía Azul

Sobre os Next Generation, incide na preocupación da Xunta ante a decisión do Goberno central de reservar o 61% dos fondos para xestión propia e só o 35% para as comunidades; e demanda, novamente, un escenario de financiamento dos proxectos claro e equitativo entre territorios

02/07/21 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a creación de novos recursos turísticos para enriquecer a oferta turística de Ponteceso

Corme inaugurou hoxe a Pedra do Naufraxio do Padova, que conmemora o afundimento deste vapor italiano fronte ao Faro do Roncudo

02/07/21 | 15:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Outeiro de Rei na instalación de calefacción en edificios municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as melloras financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

02/07/21 | 15:25 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por SARS-CoV-2 nunha granxa de visóns de Oza-Cesuras

A comunicación da positividade, que tamén se trasladou ao titular da granxa, faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España

02/07/21 | 15:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co Concello de Boimorto o convenio para dotar de saneamento os núcleos de Viladóniga, o Outeiro e o Pedral, cun investimento de 540.000€

A Xunta achegará o 80% do orzamento, 432.000 euros, e executará as obras, mentres o Concello de Boimorto contribuirá co 20% restante, 108.000 €

02/07/21 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia un ciclo informativo de 8 webinar sobre o Plan Hidrolóxico e o Plan de Xestión de Risco de Inundacións da Demarcación Galicia-Costa

A iniciativa, para a que na xornada de hoxe había 190 persoas inscritas, vai dirixida a Concellos, asociacións ou particulares coa fin de informalos sobre estes documentos, en consulta pública desde abril

02/07/21 | 15:09

A Xunta recibe o Premio Cegasal pola súa estreita colaboración cos centros especiais de Emprego

O Goberno galego reforzou o seu compromiso coa inserción laboral das persoas con discapacidade ao aumentar o orzamento destinado aos centros especiais de emprego, que ascende case a 20 millóns para financiar o emprego de 3.210 persoas traballadoras

02/07/21 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta entrega os premios de Lingua de Namorar, o concurso de mensaxes de amor en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, recibiron hoxe aos gañadores nun acto que se celebrou no Pazo de San Roque