Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Cesga instalará un novo supercomputador que situará a Galicia como referente no mundo da computación cuántica
O Finisterrae III, que supuxo un investimento de 7M€, multiplica por doce a capacidade de cálculo do anterior equipo, o que permitirá acurtar os tempos para a obtención de resultados, beneficiando aos múltiples grupos de investigación aos que presta servizo
A Xunta traslada ao Concello de Santiago as actuacións necesarias para executar a ampliación do CHUS
O Goberno galego solicitou a sinatura dun convenio de colaboración para dotar de servizos e eximir de tributos a nova infraestrutura e abordou co Concello os seguintes pasos a dar para a súa tramitación urbanística
A Xunta colaborará cos concellos de Ames, As Pontes, Cee e Coirós nun proxecto pioneiro para mellorar e actualizar as súas bases cartográficas
A través da realización de voos especializados de aquí a finais de 2022 elaboraranse as bases topográficas destes catro municipios a tres escales diferentes
Galicia rexistra un total de 1.994 casos activos por coronavirus
Un total de 125.762 pacientes xa están curados
A Xunta abre en Vigo o ciclo ‘O país das bandas’ cun concerto especial a cargo da Unión Musical de Valladares
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación Galega de Bandas de Música Populares promoven esta extensa programación entre os meses de xullo e setembro coa participación de máis de 3600 músicos pertencentes a 77 formacións
Galicia reivindica en Bruxelas o importante papel do Xacobeo 21-22 na construción da identidade europea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 145º pleno do Comité Europeo das Rexións, no que avogou por reforzar a cooperación transfronteiriza a través dun maior apoio financeiro ás eurorrexións
A Xunta impulsa a posta en marcha de 22 novas películas e series ás que destina 2,5M€
Publícase na web da Agadic a resolución da última convocatoria de subvencións para producións e coproducións audiovisuais, a de maior dotación das seis liñas de axudas específicas para o sector
Preto de 400 profesionais do marisqueo a pé participan na recollida activa de lixo en Galicia, o que supón o dobre que no 2020
A Xunta subvenciona esta e outras accións ao abeiro da convocatoria de axudas para proxectos colectivos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos no mar
A Xunta de Galicia pon en marcha a campaña estival 2021 para ofrecer á mocidade "un verán para recordar"
Desde hoxe e ata o mes de setembro a Comunidade acollerá preto de 90 propostas de ocio promovidas polo Goberno galego entre campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado
Lete Lasa aposta por unha trintena de olímpicos e paralímpicos galegos en Toquio que disporán de 300.000 € en axudas
O DOG publica hoxe a convocatoria das Axudas Reto Galicia-Tokyo con Igualdade 2021