Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/06/21 | 20:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Destino Galicia promociónase a nivel nacional coa "Pasarela Campoamor", promovida pola España Verde

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe neste desfile de moda no que se presentaron coleccións de deseñadores de renome nacional e internacional

30/06/21 | 19:38 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía a súa rede de vixilancia forestal para ter controlado o 70% do territorio galego e anticiparse aos incendios na nosa comunidade

O conselleiro do Medio Rural puxo en valor a consolidación desta rede de vixilancia, coa instalación de 22 novas cámaras ata un total de 142 dispositivos

30/06/21 | 19:37 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso da Xunta coa automoción galega e avoga por unha transición "medida e proporcional" para afrontar os retos do sector centrados nas novas enerxías

Destaca a oportunidade que suporán os fondos europeos Next Generation para afrontar estes retos e lembra que a candidatura galega conta con 32 proxectos que permitirían mobilizar arredor de 1.800 M€

30/06/21 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica as obras gañadoras dos premios para textos teatrais Álvaro Cunqueiro e Barriga Verde

As desterradas, de Carme Varela, edítase dentro da colección Biblioteca dramática galega, que a Consellería de Cultura e Cultura mantén con Xerais

30/06/21 | 15:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro destaca a reactivación do Camiño e o alto nivel de cumprimento do seu plan estratéxico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia par dar conta dos avances no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago, que remata este ano

30/06/21 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 260.000€ na mellora das traídas de augas veciñais e no Plan de abastecemento autónomo de Cerdedo-Cotobade

O delegado territorial, Luis López, informa de que este municipio foi un dos seis seleccionados para a elaboración e implantación do Plan municipal de abastecemento autónomo, ao que se destinarán 150.000€

30/06/21 | 15:19 | C. de Sanidade

Sanidade reitera a importancia de acudir aos cribados para frear a propagación da covid

Na actualidade, xa son 155 persoas as que deron positivas, como consecuencia do brote de coronavirus orixinado nas Illas Baleares

30/06/21 | 15:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anima á industria agroalimentaria a seguir apostando pola calidade, a innovación e a internacionalización como claves para afrontar os retos futuros

Destaca que a futura Lei da Calidade Alimentaria potenciará toda a cadea, favorecendo as denominacións de orixe e actualizando o marco de control e sancións para adaptalo ás prácticas desleais e ao comercio en liña