Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor supervisa as melloras na área recreativa do Parque das Ferreñas e a restauración da igrexa de San Xurxo de Torres en Vilarmaior
O delegado da Xunta destacou que estas dúas actuacións contaron cun apoio total da Xunta de máis de 138.000 euros
A Xunta presenta unha edición facsimilar de ‘Cantigas de Santa María’ no 800 aniversario de Afonso X
Trátase dunha escolma de 22 textos realizada en 1980 por Álvaro Cunqueiro e que agora recupera a Editorial Galaxia co apoio da Consellería de Cultura
A Xunta destaca a importancia da innovación no sector da biomasa como panca de impulso da competitividade
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe en Santiago de Compostela na clausura da asemblea do Clúster da Biomasa de Galicia
A Xunta aproba de forma inicial o Plan básico municipal de Ribeira de Piquín, o último dos nove concellos pioneiros que supera este trámite
O primeiro grupo de municipios galegos que apostou por esta ferramenta de ordenación básica encara xa a recta final da tramitación dos seus PBM, co obxectivo de que os nove estean aprobados a finais deste ano ou comezos do próximo
A Xunta oferta máis de 1.100 prazas de Formación Profesional no Salnés, case 600 en Vilagarcía, para o curso 2021/2022
O delegado territorial, Luis López, informa de que a comarca disporá de 47 ciclos ordinarios, para adultos, formativos básicos e duais coa incorporación de Informática de Oficina no IES Monte da Vila do Grove
A Xunta lanza unha nova campaña sobre o coidado da saúde emocional no traballo
A campaña `Resgárdate dos riscos psicosociais na covid-19 en centros especiais de emprego´ busca levar divulgar os coidados e unha maior protección do benestar emocional nas persoas traballadoras con discapacidade
Éxito da xornada de portas abertas no albergue de peregrinos de Vigo con máis de 400 visitas e a participación de preto 200 nenos e nenas nos talleres
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destaca a grande aceptación da programación proposta con motivo da apertura do novo aloxamento no Berbés, o primeiro da rede pública do Camiño Portugués da Costa
A Xunta somete a información pública os proxectos das sendas de Soesto e Serantes, en Laxe, que suporán un investimento autonómico de 334.000 euros
O obxectivo é executar en total case 1.300 metros de itinerario peonil ao longo da antiga traza da estrada AC-433
Un total de 74 concellos da provincia da Coruña recibirán axudas da Xunta por valor de algo máis de 2 millóns de euros para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero
Susana López Abella e Gonzalo Trenor informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero
A Xunta adxudica a reformulación do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552 na zona das Rexas, ao seu paso polos concellos de Vigo e de Nigrán
O obxectivo é adaptar o proxecto inicialmente deseñado para a eliminación dun treito de concentración de accidentes ás achegas recibidas durante o proceso de información pública