Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/06/21 | 13:39

Galicia promociona a pescada do pincho e o bonito de Burela xunto co Xacobeo 21-22 e pon en valor o mar, a restauración e o turismo

A iniciativa ‘Orixe e Destino Galicia’ enmárcase no plan de produción e comercialización da OPP de Lugo, conta co cofinanciamento da Consellería do Mar e coa colaboración de Paradores de Turismo de España

30/06/21 | 13:35 | C. de Facenda e Administración Pública
30/06/21 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado ambiental no Camiño de Santiago

A súa finalidade é dar a coñecer o rico patrimonio natural de Galicia e favorecer a súa preservación

30/06/21 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo destaca a contribución do certame Condado de Pallares na investigación da cultura galega

O secretario xeral de Cultura participa na presentación da décimo quinta edición deste premio, apoiado pola Xunta de Galicia

30/06/21 | 13:30 | C. de Sanidade

O Sergas publica a convocatoria de concurso-oposición para cubrir 21 prazas de médico especialista

As especialidades convocadas son cirurxía oral e maxilofacial; cirurxía pediátrica; cirurxía plástica, estética e reparadora; inmunoloxía e oncoloxía radioterápica

30/06/21 | 13:29

Feijóo aborda co embaixador de Rusia o impulso do Camiño de Santiago e valora a colocación dunha mouteira nunha das principais cidades do país

Traslada a oportunidade que para Galicia supón contar cunha oficina do cónsul honorario de Rusia en Vigo, de cara á profundar na cooperación entre ambos os territorios, referíndose especialmente aos posibles intercambios comerciais e empresariais que se poden establecer

30/06/21 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comezará en xullo a primeira fase do traslado da Cidade da Xustiza co equipamento do mobiliario

A nova infraestrutura acollerá 38 unidades xudiciais e trátase da obra xudicial máis importante da historia da comunidade na que a Xunta investiu máis de 42M€

30/06/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforzará o protocolo de protección da campaña de verán con tests de antíxenos previos a todos os participantes e monitores

Entre as medidas xa aplicadas o ano pasado que se manterán atópanse a redución do aforo, o incremento do número de monitores ou o reforzo das medidas de desinfección e limpeza

30/06/21 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela á visión de equipo coa que naceu a Bfauto para afrontar os retos da mobilidade sustentable, segura e conectada

Conde destaca que, ata o de agora, as cinco edicións que se levan desenvolvido deron lugar a 53 novas empresas das que o 7 por cento xa exporta os seus produtos ou servizos