Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/06/21 | 13:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura avanza ao seu padroado os eixes dun novo Plan estratéxico marcado pola expansión da actividade

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade adianta que, nas vindeiras semanas, rematarán as obras do Fontán e comezará a instalación das institucións académicas e científicas residentes

30/06/21 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén salienta a Ourense como destino turístico tranquilo e seguro

O delegado territorial, o presidente do INORDE, e un representante de Renfe presentaron a oitava edición dos trens turísticos

30/06/21 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a senda peonil e ciclista na estrada PO-307 en Vilanova para reforzar a seguridade cara á ponte da Illa de Arousa

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde, Gonzalo Durán, supervisaron esta actuación, que supuxo un investimento de 1,5 M€, xunto con outra obra similar na PO-549 entre Tarrío e Cores

30/06/21 | 12:30

A Xunta formará a 70 profesionais de distintos sectores como guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Durante xullo e agosto farán de forma telemática a parte teórica do curso e a partir de setembro pasarán unha semana nos catro arquipélagos facendo prácticas

30/06/21 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 200.000 euros en preto dunha trintena de marquesiñas instaladas nas estradas lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, lembrou que está en fase de adxudicación un segundo contrato de máis de 1,2 millóns de euros para a renovación doutros 200 refuxios en toda Galicia

30/06/21 | 11:36 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta inicia a elaboración dos orzamentos de 2022 que priorizarán a recuperación económica, o emprego e o reforzo dos servizos públicos

As contas do ano que vén enmárcanse na estratexia Next Generation Galicia e no Plan Estratéxico de Galicia baseados no crecemento sustentable e na cohesión social e territorial

30/06/21 | 10:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.673 casos activos por coronavirus

Un total de 125.554 pacientes xa están curados

29/06/21 | 21:25 | C. de Sanidade

Sanidade establece o nivel alto de restricións nos concellos de Carnota e Sarria

Os municipios de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa terán que cumprir as normas establecidas no nivel medio

29/06/21 | 21:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a colaboración entre os axentes como unha das fortalezas do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, clausurou esta tarde o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas e o Premio RAGC de Divulgación Científica, organizados pola Real Academia Galega de Ciencias co apoio da Xunta

29/06/21 | 19:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo convida aos coruñeses a coñecer e recoñecer a contribución de Díaz Pardo á esencia da Galicia moderna a través da mostra "As miradas de Isaac"

“Os coruñeses teñen a oportunidade de achegarse a un galego universal, clave para entender a Galicia dos últimos cen anos”, di, incidindo no seu compromiso coa Comunidade, co desenvolvemento do seu carácter propio e coa súa cultura