Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta anima as empresas do sector dos áridos a apostar por tecnoloxías innovadoras que axuden á súa modernización e sustentabilidade
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou hoxe en Melide as canteiras de Richinol e Arribeltz
A Xunta financia con 1,8 millóns de euros cinco obradoiros para menores de 30 anos na área de Vigo
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe que o Executivo autonómico apoirá a organización destes talleres, que beneficiarán a contratación de 80 mozos e mozas, nos concellos de Vigo, Redondela, Moaña e o Val Miñor
A Xunta mantén o compromiso coa mostra de teatro de Ribadavia na recuperación da súa dimensión internacional
Apoia economicamente a 37ª edición, que do 16 ao 25 de xullo ofrecerá os espectáculos dunha vintena de compañías, como as do belga Jan Laurwers e o grego Christos Papadopoulos
A Xunta achega queixos e viños acreditados co selo de Galicia calidade aos comerciantes e restauradores da praza de abastos de Santiago de Compostela
Ao redor dunha vintena de profesionais asistiron ás catas protagonizadas polo divulgador de viños Luis Paadín e a catadora de queixos Salomé Beiroa
Feijóo reivindica o espazo rexional e interrexional como o marco máis útil e próximo ao cidadán para despregar as políticas europeas
“Europa ten nas rexións un dos seus puntais, e as rexións teñen en Europa un punto de encontro para relacionarse e intercambiar experiencias”, di, lembrando especialmente os diferentes fondos que permiten o despregamento de proxectos concretos relacionados coas infraestruturas e con outros servizos públicos como a loita contra os lumes
Román Rodríguez destaca un investimento de 3,8M€ na mellora do patrimonio cultural da provincia de Ourense
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou a capela de San Pedro de Leiro, onde a Xunta vén de completar obras de restauración por preto de 150.000€
A Xunta achega case 1 M€ a 57 concellos lugueses para fomentar a igualdade, previr a violencia de xénero e apoiar ás vítimas
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informaron hoxe da resolución da orde de axudas a entidades locais, que beneficia ao 85% dos municipios da provincia