Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/06/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Vedra colaboran na mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol municipal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as instalacións, que xa contan cunha nova iluminación con proxectores de tecnoloxía LED

29/06/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Muíños colaboran para impulsar a mellora dos servizos de saneamento en varios núcleos do municipio cun investimento de 225.000 €

Mellorarase o tratamento das augas residuais dos núcleos de Muíños e do Barrio e realizaranse reparacións nas depuradoras do Parque e de Pazos

29/06/21 | 13:24 | C. de Economía e Industria

Trenor informou que a Xunta apoiou na comarca de Bergantiños-Costa da Morte a 91 autónomos con axudas de máis de 219.000€

O delegado da Xunta destacou que estas achegas poden destinarse a servizos e investimentos dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses

29/06/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Estado reforzan a súa coordinación en Lugo para a campaña contra incendios deste verán

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, participou hoxe na xuntanza do Comité Provincial de Coordinación Policial Antiincendios, que ten por obxecto deseñar as actuacións conxuntas en materia de prevención e loita contra os lumes forestais

29/06/21 | 12:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que Vigo inicia o verán co albergue que precisaba para celebrar un Ano Santo bianual que suporá un pulo para o Camiño Portugués e para a cidade

Subliña que este edificio de seis plantas, no que a accesibilidade está garantida, conta con capacidade para acoller ata 93 persoas

29/06/21 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade
29/06/21 | 12:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta desenvolverá aulas de emprendemento en 22 centros de FP o vindeiro curso

Favorecerán que o alumnado poida poñer en marcha as súas propias ideas de empresa

29/06/21 | 12:15

A Xunta dá luz verde á construción dunha nova ponte sobre o río Ferreira, no Valadouro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir a avaliación ambiental estratéxica á modificación puntual, na que se indica que non se esperan efectos significativos e polo tanto non é necesaria sometela a tramitación ordinaria

29/06/21 | 11:33

Ángeles Vázquez felicita a Dozón por achegarse á media galega de reciclaxe despois de incorporarse ao sistema separativo de recollida de residuos

A responsable de Medio Ambiente invita aos veciños a manter o ritmo de reciclaxe de envases de plástico, latas e briks e papel-cartón para chegar a un mínimo de 12 toneladas anuais, o que se traduce nunha media de 12 kg de envases e 14 kg de papel ao ano por habitante

29/06/21 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Galicia Europa realizou en 2020 un estreito seguimento da resposta económica europea á crise da covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e director da Fundación Galicia Europa, Jesús Gamallo, explicou na reunión do padroado da FGE as actuacións da entidade no 2020