Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/06/21 | 10:41 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 56 persoas por 40 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 25 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 27 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 47 chamadas por accidentes de tráfico

27/06/21 | 13:06 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso coa raza autóctona Can de Palleiro

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse co Club da Raza Can de Palleiro

27/06/21 | 12:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta celebra o IV Encontro de Deseño para a Innovación co foco no reto climático, a transformación dixital, a competitividade empresarial e o benestar social

O evento terá lugar o vindeiro martes 29 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial, e levarase a cabo de maneira presencial-virtual no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol

27/06/21 | 12:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de eliminación do tapón urbanístico da rúa Fisterra de Lugo coa fin de mellorar a seguridade viaria na zona

Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, comezarán o vindeiro mes de xullo e teñen un prazo de execución estimado de 3 meses

27/06/21 | 12:03

Portos de Galicia outorga preto de 40 autorizacións para a prestación de servizos de pasaxe este verán

O ente dependente da Consellería do Mar emitiu 12 permisos para a ría de Arousa, 11 para a de Pontevedra, oito para a de Vigo, catro na Mariña lucense, dous na Costa da Morte e un na costa ártabra

27/06/21 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza unha ampla programación para celebrar a figura de Laxeiro co gallo do Día das Artes Galegas 2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicita á Real Academia Galega de Belas Artes pola elección do pintor lalinense de cuxo pasamento se cumpren 25 anos o vindeiro mes de xullo

27/06/21 | 11:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a oportunidade que os fondos Next Generation supoñen para impulsar unha mobilidade sostible

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro de traballo por vía telemática con representantes de Faconauto e Anfac

27/06/21 | 10:51 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.451 casos activos por coronavirus

Un total de 125.371 pacientes xa están curados

27/06/21 | 10:30 | C. de Política Social e Igualdade