Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/06/21 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a reformulación do proxecto de trazado do desdobramento da estrada PO-552 na recta de Figueiró, no concello de Tomiño

O DOG publica hoxe o trazado de adaptación dos camiños de servizo previstos no proxecto de conversión en autovía urbana de 2,1 quilómetros desta vía autonómica entre a glorieta de Goián e o acceso ao núcleo de Estás

28/06/21 | 13:03

A Xunta informa a empresarios da Coruña das axudas do 3º rescate, que reserva 200 M€ a pequenas empresas

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, celebrou un novo webinario coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC)

28/06/21 | 12:58

A Xunta conclúe a tramitación ambiental do Plan especial que permitirá construír o novo centro de saúde de Soutomaior

Administración autonómica e local asinaron en marzo un protocolo de colaboración para executar esta infraestrutura sanitaria cerca do núcleo urbano de Arcade

28/06/21 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 468.000€ na substitución da cuberta e na renovación das fachadas dos IES Rafael Dieste na Coruña para adaptalo ao Plan de nova arquitectura pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

28/06/21 | 12:37 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.507 casos activos por coronavirus

Un total de 125.438 pacientes xa están curados

28/06/21 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as oportunidades de mellora competitiva que ofrece a dixitalización ao sector hostaleiro galego

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, visitou esta mañá en Santiago o hotel A Tafona do Peregrino, do cal salientou a súa adaptación ás novas tecnoloxías como xeradoras de novas oportunidades ante a crise da covid-19

28/06/21 | 11:24 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de aprobar 2,15 millóns de euros en axudas a 66 asociacións de defensa sanitaria gandeiras

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural a estas entidades ao abeiro da convocatoria do 2021

28/06/21 | 11:12 | C. de Sanidade

O Sergas publica os resultados definitivos do proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías

Xeráronse un total de 5.168 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración

28/06/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 240.000€ a contratación de 17 desempregados para a prevención de incendios en oito concellos de Deza e Tabeirós-Montes

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano, que permitirá a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos galegos grazas a un investimento de 7 M€

28/06/21 | 10:46

A Xunta financia con preto de 197.000 euros a contratación de 14 desempregados para a prevención de incendios en 12 concellos da comarca viguesa

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural que beneficia a todas as entidades locais que o solicitaron, asumindo o 100% do custe salarial dos traballadores