Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/07/21 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
01/07/21 | 16:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta continúa a avanzar coa USC no traballo de análise das competencias autonómicas e municipais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu esta mañá a reunión do grupo de traballo creado no seo da comisión de seguimento do convenio asinado entre ambas entidades

01/07/21 | 16:01 | A Presidencia da Xunta

A Xunta destina unha nova achega de máis de 10 millóns de euros aos Programas Integrados de Emprego co obxectivo de facilitar a ocupación de 4.000 desempregados

Destaca que a medida inclúe 40 programas dirixidos cada un a 100 desempregados , co fin de reforzar as súas competencias fronte ao mercado de traballo.

01/07/21 | 15:53 | C. de Economía e Industria

Feijóo salienta a “enorme preocupación” de Galicia polo reparto dos fondos distribuídos polo Goberno central e advirte de que a comunidade está deixando de recibir 828 M€

Asvera que, aos 681M€ perdidos na repartición dos fondos covid, REACT-UE e para sectores afectados, súmanse 147M€ das partidas territorializadas porque, dos 15.882 millóns de euros transferidos ás comunidades autónomas, Galicia tan só recibiu o 5,2% do total, cando lle correspondería o 6,2%

01/07/21 | 15:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia conxelará un ano máis os prezos das matrículas universitarias, o que suporá un aforro de preto de 19 millóns de euros para as familias

Feijóo asevera que Galicia é a segunda comunidade de España onde é máis barato estudar un grao e a comunidade máis barata para estudar un máster non habilitante

01/07/21 | 15:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Concello de Viveiro a documentación municipal necesaria para executar e financiar as obras do senamento de Celeiro, cun investimento de 3,8 M€

Trátase dun trámite necesario para que Augas de Galicia poida acometer unha actuación que é propia das competencias municipais e que inclúe tamén a construción dunha nova condución de vertido

01/07/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova cun investimento de case 500.000 € a base de helicópteros de Castromaior en Abegondo

Esta actuación permite mellorar a operatividade e comodidade desta base ofrecendo a posibilidade de que varias aeronaves poidan estacionar simultaneamente

01/07/21 | 15:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a capacidade dos axentes do sistema galego de I+D+i para mobilizar máis de 200 millóns de euros en proxectos apoiados polo CDTI

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta maña en Santiago nunha xornada de presentación dos instrumentos de apoio á I+D+i da Xunta de Galicia e do Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)

01/07/21 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na presentación das guías turísticas das xuderías de Monforte, Ribadavia e Tui que reflicten o legado xudeu na nosa Comunidade

A Red de Juderías de España – Camino de Sefarad presentou esta mañá as tres novas publicacións destas tres vilas galegas integradas na súa rede.