Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia pon en valor a selectividade da pesca do cerco cunha campaña de promoción que tamén mira cara á remuda xeracional
Rosa Quintana destacou o esforzo de Acerga para poñer en marcha a iniciativa O cerco, un xeito de vida, que se enmarca no plan de produción e comercialización da OPP e que conta con financiamento da Consellería do Mar
Román Rodríguez destaca o papel das romarías tradicionais para reforzar a cultura popular galega
O conselleiro de Cultura inaugura a mostra ‘Fe. Tino Martínez 1971-2016’ que reúne no Museo das Peregrinacións un cento de fotografías históricas do artista compostelán
A Xunta reforza desde o luns os servizos de autobús entre a Coruña e Oleiros con 56 novas conexións semanais ás praias de Santa Cristina e Bastiagueiro
Esta liña especial ás praias permanecerá en servizo ata o 31 de agosto, dispoñendo os usuarios de 8 servizos ao día desde cada cabeceira, incluíndo fins de semana e festivos
A Xunta participa no mercado ‘Sabor a artesanía’ que se celebra esta fin de semana en Santiago
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegarase ata o Pazo de San Lourenzo mañá sábado para apoiar as 17 marcas de Artesanía de Galicia que participan nesta feira de venda directa
Feijóo destaca o compromiso co futuro da Sanidade Pública de Ourense cun investimento de case 120 millóns de euros para ampliar o CHUO e construír un Centro Integral de Saúde na cidade
Salienta que o novo CHUO contará cun 47% máis de superficie -respecto a hai doce anos- tras a construción de tres edificios: un de hospitalización, coa reforma do hospital materno-infantil, un edificio ambulatorio e outro administrativo
Galicia celebra mañá o Día do Cooperativismo en Taboada
A Consellería de Emprego e Igualdade entregará mañá na cooperativa Aira, de Taboada (Lugo), os Premios ao Cooperativismo 2021 ás cooperativas Catroventos Editora, Cenlitrosmetrocadrado e Productores do Campo Capela
A Xunta asesora ao Concello de Valdoviño para pechar o borrador definitivo do seu primeiro PXOM
O municipio coruñés réxese a día de hoxe por unhas Normas subsidiarias de planeamento aprobadas no ano 1993 que requiren dunha completa actualización
As axudas de redución de xornada para homes e familias monoparentais por coidado de fillos e fillas poderán solicitarse ata o 2 de agosto
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases que rexerán esta nova convocatoria de axudas para o apoio á conciliación e á corresponsabilidade cando o proxenitor ou proxenitora reduce a xornada para o coidado das fillas e fillos menores de 3 anos
Galicia é a única comunidade onde o paro descende por sexto mes consecutivo
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que o desemprego baixou e as afiliacións e a contratación subiron na lectura mensual e anual
Fabiola García sinala que a residencia de maiores que construirá e equipará a Fundación Amancio Ortega en Ferrol “vai situar a cidade á vangarda nacional” dos coidados
Conta cun investimento aproximado de 12 millóns de euros e permitirá a creación de 120 prazas públicas de atención, a creación de 110 postos de traballo directo, un equipamento moderno e uns servizos innovadores