Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/07/21 | 14:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta informa ao presidente da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe – Vía Plata das actuacións de reforzo da seguridade viaria que se executarán nesta ruta Xacobea ao longo deste ano

A Xunta investirá preto de 225.000 euros en 14 actuacións para reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos cruzamentos ou treitos paralelos desta ruta xacobea coas estradas autonómicas

02/07/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 361.000€ na substitución da cuberta e das carpinterías do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños para adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

02/07/21 | 14:00

Gabriel Alén pon en valor a programación de lecer educativo e tempo libre da Xunta como factor de conciliación, ocio e creación de emprego

O delegado territorial subliñou que durante o ano pasado Galicia foi das poucas Comunidades que mantivo a campaña de verán e logrou que se desenvolvera sen incidentes, xa que non se rexistrou ningún caso positivo

02/07/21 | 13:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rinlo acolle a primeira das 27 actuacións do novo ciclo da Xunta "Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio"

O director de Industrias Culturais asistirá esta tarde ás representacións das pezas coas que Entremáns, Colectivo Glovo e iXa Universos de Movemento - Xián Martínez abren esta carteleira, que se despregará ata finais de agosto en espazos singulares de toda Galicia como parte da programación do Xacobeo 21-22

02/07/21 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e universidades pechan as instrucións para garantir a presencialidade nos sete campus universitarios galegos o vindeiro curso

O documento recolle as medidas a adoptar para garantir a calidade da docencia ao tempo que garantir a seguridade sanitaria da comunidade universitaria

02/07/21 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia obras na cuberta do pavillón polideportivo CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares por máis de 230.000 €

A delegada territorial da Xunta en Vigo explicou que os traballos consistirán na renovación integral da cuberta e a substitución de todos os caleiros e baixantes do edificio, así como das carpinterías exteriores e luminarias do centro educativo

02/07/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Masma ao seu paso polo lugar do Arco, en Mondoñedo

As tarefas céntranse na retirada de árbores mortas e de madeira caída para eliminar unha obstrución na ponte

02/07/21 | 13:12

Axentes medioambientais sorprenden a un cazador furtivo que utilizaba trampas ilegais en Pontevedra

Persoal do distrito Caldas-Salnés-Pontevedra localizou o pasado luns varios lazos e un criadeiro de coellos ilegal nun monte da parroquia de Verducido polo que activaron un operativo de seguimento co fin de detectar ao presunto responsable

02/07/21 | 13:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que Cristalería Pontevedresa é un exemplo de como a dixitalización e internacionalización melloran a competitividade das empresas

O director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, visitou esta mañá a empresa instalada no polígono industrial da Reigosa

02/07/21 | 13:05

Galicia avanza na aposta pola remuda xeracional e na visibilización do rol feminino nas zonas costeiras

A Xunta salienta o labor dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) con accións para promover a incorporación de xente nova ao sector así como para facer visible a contribución das mulleres ao sector marítimo-pesqueiro