Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/07/21 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/07/21 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Gabriel Alén trasládalle ao alcalde de Vilardevós un convenio para a mellora integral do centro de saúde

O proxecto suma un orzamento de preto de 11.000 euros que serían financiados a partes iguais pola Xunta e polo concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal

01/07/21 | 14:48

Galicia avanza no desenvolvemento dos 17 obxectivos da axenda 2030 para manterse á vangarda da sostibilidade

Sagrario Pérez salienta que recentemente se presentou o primeiro informe sobre o cumprimento das políticas posta en marcha polo Goberno galego en materia social, ambiental industrial e enerxética, cun balance positivo

01/07/21 | 14:31

Galicia insiste na necesidade de que o futuro regulamento europeo de control atenda á realidade da frota pesqueira

O Executivo galego confía en que a intervención dos estados membros permita mellorar o regulamento durante os debates entre o Consello Europeo, a Eurocámara e o Executivo comunitario

01/07/21 | 13:45 | C. do Medio Rural
01/07/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez eloxia o papel da feira do libro de Vigo como "motor intelectual e creativo"

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade inaugurou hoxe XLVII edición da mostra que se celebrará ata o 10 de xullo na rúa Príncipe cunha ducia de casetas

01/07/21 | 13:39 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración pon en marcha “Conecta co Xacobeo”, un programa destinado a que 200 persoas, vinculadas ás entidades galegas de Europa e España, percorran o Camiño de Santiago

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para persoas de entre 18 e 64 anos propostas polos centros galegos, de xeito que serva como pulo para estas entidades tralo parón da pandemia

01/07/21 | 13:34

A Xunta aposta pola formación en comercio electrónico nas persoas autónomas

A directora de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou hoxe á Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (Aje) o curso `Mocidade é Dixital´, que pretende formar ás persoas mozas autónomas na dixitalización do seu negocio e no e-commerce

01/07/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1,6 M€ en axudas para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero a 50 concellos da provincia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial, Luis López, informan destas achegas, que benefician ao 82% dos municipios e permiten soster 27 Centros de Información á Muller con 70 traballadores