Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Portos de Galicia licita por 2,5 M€ a ampliación, reforma e mellora de pantaláns en Sada, A Pobra do Caramiñal e Rianxo
Os licitadores terán de prazo ata o 26 de xullo para presentar as súas ofertas
A Xunta asina co concello de Catoira o convenio para minimizar o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar cun investimento de 300.000 €
Mellorarase o espazo fluvial do rego de Gondomil, no cruce coa estrada EP-8702, executando as obras prioritarias nesta área con risco de asolagamento
A Xunta destina 649.000 euros a rozar as marxes das estradas autonómicas en Lugo a través dos contratos de conservación viaria
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executa periodicamente estas tarefas para reforzar a seguridade en case 1.500 quilómetros de vías da provincia
A Xunta licita os servizos técnicos das cinco reestruturacións parcelarias decretadas no que levanos de ano por importe de 1,4 M€
Estes traballos de colaboración son necesarios para poder comezar os traballos nas cinco parcelarias decretadas no que levamos de ano e seguir avanzando noutras tantas concentracións
Medio Ambiente adxudica por 315.000 € a mellora da contorna da igrexa de Torroso no Concello de Mos
O obxectivo desta actuación, cun período de execución de nove meses, é reforzar a accesibilidade e a funcionalidade de 2.750 m2 deste ámbito da parroquia de San Mamede
Conde defende a busca de sinerxías entre administracións e tecido produtivo para reinventar a industria sobre a base da dixitalización e a sustentabilidade
Destaca que a estabilidade no plano sanitario nos conduce, desde o punto de vista económico, a unha nova fase de reconstrución, de reactivación e de transformación do tecido produtivo
Galicia rexistra un total de 1.837 casos activos por coronavirus
Un total de 125.648 pacientes xa están curados
A Xunta tramita a inscrición de parte do Monte da Ferrería do concello ourensán de Montederramo no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas
Inscribiranse un total de 32,7 hectáreas compostas por bidueiros como especie principal, acompañada de carballo (Quercus robur) e ameneiro (Alnus glutinosa)
A Xunta apoia con 200.000 euros ás asociacións de autónomos con axudas para financiar a súa actividade
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destes apoios que se poderán solicitar desde mañá e ata o próximo 15 de novembro
Alfonso Rueda recolleu en Málaga o Premio de Turismo que o diario La Razón otorgou ao Xacobeo
O vicepresidente primeiro da Xunta animou a participar na experiencia “única” do Xacobeo no marco do dobre Ano Santo 2021-22