Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta avanza co sector mineiro na elaboración da nova Estratexia galega de minería sustentable
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana unha reunión coa Cámara Mineira de Galicia para coñecer as súas necesidades e perspectivas
A Xunta convoca os Premios ao esforzo e á superación persoal para o alumnado de secundaria
A través destes galardóns anuais, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade recoñece a capacidade de superación de dificultades do alumnado que cursa 4º de ESO
A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Sanxenxo e de Salceda de Caselas
Os traballos centraranse no acondicionamento da zona verde de dominio público da estrada PO-308 entre a vila de Sanxenxo e A Lanzada, e na estrada PO-399, na roza das marxes no seu percorrido polo municipio de Salceda de Caselas
Éxito do programa da Xunta 'Galicia Aula Dixital' con máis de 200 participantes
A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade procura a formación ás mozas e mozos menores de 30 anos para mellorar as súas oportunidades laborais
A Xunta apoia con preto de 700.000 € á hostalería de Ribadeo a través das máis de 200 axudas distribuídas nos últimos meses
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que os dous primeiros Plans de rescate suman 191 achegas e o programa para o acondicionamento de terrazas outras 16
Mañá comeza a campaña extractiva do polbo en Galicia
A pesca do polbo prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2022, que se fixará no correspondente plan de xestión
Galicia rexistra un total de 2.285 casos activos por coronavirus
Un total de 125.929 pacientes xa están curados
O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga estrean en Almagro 'A contenda do Río Miño'
Preséntase no marco da designación de Portugal como país convidado da 44º edición do Festival Internacional de Teatro Clásico da vila manchega
Ethel Vázquez reitera a demanda ao Goberno de España para que programe e efectúe os investimentos necesarios para dotar Lugo dun acceso real á alta velocidade ferroviaria
Sinala que a pesar da mobilización de recursos nos últimos tempos, ningunha das obras relevantes está iniciada, cando había compromiso de remate en 2021, e que a planificación presentada polo Goberno elimina as variantes que fan competitiva esa viaxe en tren