Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/07/21 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia crea o Consello de Cooperación de Consumo para afondar na coordinación cos concellos en materia de protección das persoas consumidoras e usuarias

Conformado por representantes das administracións autonómica e local, terá un carácter consultivo, asesor e participativo

08/07/21 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz proxectan a implantación dun polígono agrario e a posta en valor de soutos ao abeiro da Lei de recuperación

No caso do polígono, o Goberno galego está iniciando o proceso para investigar a titularidade das 317 parcelas implicadas cunha superficie total de 43,46 hectáreas, para axilizar a súa posta a disposición dos gandeiros que se beneficiarán da iniciativa

08/07/21 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A segunda edición do fondo de proxectos culturais Xacobeo bota a andar coa música de Óscar Ibañez & Tribo e un obradoiro de danza de Kirenia Martínez

Este domingo comezan as actividades dos primeiros artistas beneficiarios da segunda convocatoria enmarcada no Plan de Reactivación Cultural da Xunta

08/07/21 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina preto de 700.000 euros a impulsar proxectos de mellora en oito parques empresariais lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou das axudas concedidas aos concellos de Cervo, O Saviñao, Monforte de Lemos, Chantada, Begonte, Monterroso, A Pontenova e Rábade para financiar obras de modernización nos polígonos

08/07/21 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao concello da Lama na adquisición dun vehículo para labores medioambientais e na mellora do saneamento do lugar de Laxedo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o municipio, que recibiu unha achega de máis de 85.000 euros para estas actuacións en favor do medio ambiente

08/07/21 | 11:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia as obras de renovación integral do firme e modernización do balizamento da estrada PO-212, Rodeiro-Agolada, nas que inviste 1,1 M€

O delegado territorial, Luis López, asistíu esta mañá ao comezo desta actuación, orientada ao reforzo da seguridade viaria e mellora da mobilidade, na saída do casco urbano de Rodeiro cos alcaldes Rubén Quintá e Luis Calvo

08/07/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal cun investimento de 1,4 M€

Actuarase nas estradas -101, AC-546, AC-566 e AC-861, ao seu paso polos concellos de Cedeira, Ortigueira, Cabanas, A Capela e As Pontes

08/07/21 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do Concello de Cabana de Bergantiños de dous treitos antigos da estrada AC-429

Transfírense dous treitos situados na marxe esquerda, entre os puntos quilométricos 2+790 e 2+940 e entre os quilómetros 6+890 e 6+980

08/07/21 | 11:00 | C. de Sanidade
08/07/21 | 10:34 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo o potencial do xeoparque do Cabo Ortegal para dinamizar e xerar riqueza nos sete concellos coruñeses implicados

Inés Santé destacou as posibilidades que ofrece para crear actividade económica e fixar poboación na contorna este proxecto, incluído no Pacto de Estado por Ferrol promovido pola Xunta de Galicia para darlle un pulo á comarca