Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/06/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil coa entrega de 8 vehículos todocamiño

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe deste material cedido aos concellos de Carballo, Arteixo, Fene, Allariz, Vilar de Barrio, Cuntis, Vilanova de Arousa e á Mancomunidade do Ribeiro

19/06/21 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A provincia de Lugo alcanza os 21 Concellos Emprendedores tras a adhesión de Sarria e Guntín

Os dous municipios lucenses súmanse ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais

19/06/21 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña a gran oportunidade que supón as maior oferta de educación da historia de Galicia para o reforzo das plantillas de profesorado

Destaca que os docentes “son a peza clave do sistema educativo” sobre a que se asentan as melloras acadadas na última década na educación pública galega

18/06/21 | 20:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de medio cento de entidades privadas galegas reciben formación da Fundación Galicia Europa en financiamento europeo

A directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, clausurou a primeira de edición para empresas do curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa

18/06/21 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora o Plan Nacional Xacobeo, pero lamenta que o Goberno central invista menos do que o Goberno galego destina só para Galicia

Bota en falta que non se tiveran en conta as súas alegacións e que as actuacións, que nalgún caso chegarán tarde, non se coordinasen coa Administración autonómica

18/06/21 | 18:04 | C. do Medio Rural

Técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán desprázanse a Folgoso do Courel para avaliar medidas de recuperación da zona afectada polo incendio desta semana

Os profesionais do CIF estiveron hoxe na parroquia de Folgoso do Courel deste concello lucense para analizar os danos causados polo lume e valorar as actuacións a levar a cabo

18/06/21 | 17:12 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Estado constitúen unha comisión interdepartamental para mellorar a sustentabilidade do agro na Limia

Inés Santé apuntou á necesidade de mellorar a xestión das dexeccións gandeiras e o regadío no marco do Plan estratéxico do sector agrario da Limia, analizando a situación actual e buscando solucións entre ambas administracións

18/06/21 | 15:27

A Xunta aposta pola conciliación e a igualdade de xénero como garantes do benestar laboral

Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais, pechou o `III Foro da Muller´ organizado polo colectivo `Empresarias de Galicia´ en Sanxenxo (Pontevedra)