Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo anuncia unha nova convocatoria do Bono Autónomo cun orzamento de 5,5 M€ para beneficiar a 2.000 profesionais con axudas de ata 3.000 euros
Avanza que o día 14 de xuño se abrirá o prazo para a solicitude das axudas do 3º Plan de rescate, aprobado a semana pasada polo Consello da Xunta e financiado con fondos do Goberno central
A Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2021-2030 mobilizará máis de 330 M€ e xerará un impacto na creación de riqueza duns 472 M€
Feijóo salienta que a Xunta asume un rol tractor para o aumento dos investimentos neste eido e para preparar á cidadanía para os cambios socioeconómicos nun marco ético e legal adecuado
Fernández-Tapias e a Federación galega de Comercio presentan en Vigo a nova edición dos "Días Azuis"
A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca o compromiso do Goberno galego co comercio de proximidade, clave na dinamización económica das vilas e cidades
A Xunta destina case 900.000 euros a impulsar catro novos viveiros de empresas na provincia de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os concellos de Paradela, O Corgo, Monforte de Lemos e Bóveda habilitarán espazos para poñer a disposición de emprendedores co apoio do Goberno galego
A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz colaboran para completar o servizo de abastecemento de auga no municipio, que suporá un investimento de 275.000 euros
Dotarase de abastecemento o núcleo de San Cristovo, servindo a unha poboación fixa de 62 habitantes para o ano horizonte 2045
A Xunta multiplicou por catro o investimento nos bonos de atención á dependencia desde o ano 2008 ata os 28,7 millóns
O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, compareceu esta mañá na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego
A Xunta inviste case 300.000 euros na mellora da cuberta do Centro de Menores San José de Calasanz
A actuación permitirá mellorar o benestar dos usuarios e favorecerá a eficiencia enerxética do edificio
A Xunta organiza en Salvaterra de Miño un simulacro de incendio forestal para ensaiar o sistema operativo de emerxencias na provincia de Pontevedra
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e os delegados territoriais da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e Pontevedra, Luis López, participaron hoxe no simulacro de “Activación da Situación 2” por un incendio forestal en Salvaterra de Miño