Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Cidade da Cultura e Afundación levan á Coruña 'As miradas de Isaac' para difundir a figura de Díaz Pardo
A exposición homenaxe ao impulsor de Sargadelos, do Laboratorio de Formas ou do Museo Carlos Maside inaugúrase na sede de Afundación da Coruña o 29 de xuño, tras ser visitada por máis de 26.000 persoas na Cidade da Cultura en Santiago
Feijóo reedita o compromiso cun novo modelo de Atención Primaria adaptada ás necesidades dos pacientes e con máis servizos
Salienta que esta aposta reflíctese na construción ou renovación desde 2009 de 86 centros de saúde, máis sete obras actualmente en marcha, o que supón un investimento de 110 millóns de euros
A Xunta destina 154.000 euros a Proxecto Home para a atención de persoas con patoloxía dual por problemas de adiccións
A conselleira de Política Social, Fabiola García, asina co director xerente da Fundación Monte do Gozo, Ramón Gómez, un convenio para financiar 11 prazas residenciais no programa Acougo
A Xunta rexistrou no que vai de 2021 un volume de solicitudes de corta de madeira de 4,48 millóns de metros cúbicos en toda Galicia, na liña do obtido en anos anteriores
José Luis Chan tamén apuntou que no que levamos de ano un total de 17.800 titulares de montes galegos se adheriron a modelos silvícolas comprometéndose a boas prácticas forestais, abranguendo 13.890 hectáreas da nosa comunidade
A Xunta súmase á quinta campaña '1M2 contra a basuraleza', con 63 accións de limpeza en Galicia
A gran recollida colaborativa anual de residuos, impulsada por SEO/BirdLife e Ecoembes, celebrarase mañá en todo o Estado co obxectivo de concienciar á sociedade ante o grave problema ambiental que supón a acumulación de lixo na natureza
Conde afirma que o terceiro Plan de Rescate, que hoxe publica o DOG, é unha oportunidade para consolidar a reactivación do sector do comercio
Anima os comerciantes galegos a acollerse a estas axudas porque, dixo, están pensadas para reparar os danos causados pola pandemia en pemes e autónomos, compensar os sacrificios que tiveron que facer e axudarlles a retomar o paso
A Xunta apoia o concello de Nigrán na compra dunha furgoneta eléctrica para labores medioambientais
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, valorou hoxe os esforzos da Administración Local por unha xestión sostible e respectuosa co medio ambiente
Xunta e Fegamp acordan abrir á cidadanía os espazos deportivos dos centros escolares, para cuxo deseño se publica un concurso de ideas que tamén abrangue os patios cubertos
Román Rodríguez salienta o “efecto dinamizador” dos colexios e institutos nas zonas onde se sitúan e avoga por aproveitar ao máximo os seus usos en beneficio do conxunto da sociedade