Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta desenvolverá a intelixencia artificial nun marco ético e fiable co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial e os servizos públicos
Salienta que, cun investimento total de 330 millóns durante a próxima década, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 permitirá crear preto de 1.000 postos de traballo ao ano, nese período, e incrementar nun 50% os profesionais docentes con formación nesta materia
A Xunta segue a traballar na normativa que permitirá abrir os peiraos á pesca recreativa por primeira vez desde 1972
Portos de Galicia está a elaborar o texto para integrar esta actividade nos usos portuarios con todas as garantías
A Xunta subliña o compromiso de Sogama coa educación ambiental ao formar a internos do penal de Monterroso en reciclaxe e compostaxe
Preto de medio cento de reclusos participan nalgún dos talleres ambientais que desde o ano 2014 imparten educadores da Sociedade Galega de Medio Ambiente en colaboración co persoal do Centro público de educación e promoción de adultos
Política Social achega máis de 234.000 euros para o albergue e o centro de acollida da Fundación da Santa Cruz de Vigo
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a sede da entidade emprazada na cidade olívica
Galicia rexistra un total de 1.581 casos activos por coronavirus
Un total de 123.782 pacientes xa están curados
A Xunta incorpora 7 centros educativos da provincia de Ourense ao Programa de libro dixital E-Dixgal
Gabriel Alén tamén informou que amplían a súa participación a 3º e 4º da ESO na provincia os centros CPI Virxe dos Remedios de Castro Caldelas, o CPR Plurilingüe Santo Ángel de Ourense, o IES O Ribeiro de Ribadavia, o IES Cosme López Rodríguez de A Rúa e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo
A Xunta reforza en Ares a preparación do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia ante lumes de situación operativa 1
Hoxe levouse a cabo un simulacro na parroquia de Cervás, para comprobar as capacidades do dispositivo en lumes que afectan de xeito importante ao monte ademais de poder poñer en risco ás persoas e bens
Últimos días para visitar en Ribadeo `Elas tamén soan´, unha exposición que reivindica o papel das mulleres músicas en Galicia
A exposición amosa a presenza feminina nun terreo, o da composición e interpretación na música clásica, tradicionalmente masculinizado, onde a discriminación e invisibilización cara as mulleres aínda perdura nos nosos días
Emigración coñece un proxecto empresarial de innovación tecnolóxica aplicada á edición de publicacións académicas único en España dun galego retornado
Antonio Rodríguez Miranda recibiu esta mañá a un profesional galego de alta cualificación que desenvolveu a súa labor na Universidade de Oxford e que foi apoiado pola Xunta no seu retorno para a posta en marcha desta empresa dedicada á produción de publicacións de investigacións e marcado semántico