Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Atlas de Covas e Canóns de Galicia pon a disposición de todos os usuarios máis de medio milleiro de recursos desde hoxe
O secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, pon en valor este “inxente traballo de compilación” que, de seguro animará a máis galegos e galegas a practicar deporte federado da man da Federación Galega de Espeleoloxía
A Xunta inaugura en Lobios o Ecomuseo do Pan do Xurés, que se beneficiou dunha axuda Leader de 30.000 euros
O proxecto tamén foi galardoado co Premio Agader 2020 na categoría de proxectos culturais e de recuperación patrimonial no medio rural
A Xunta e veciños de Ons coinciden en manter o sistema de acceso á illa polo seu bo funcionamento
Os representantes da Consellería de Medio Ambiente indicaron que están abertos a profundizar nas posibilidades de simplificación do actual sistema de acceso
A Xunta avanza coa Universidade de Santiago na análise das competencias autonómicas e locais
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu esta mañá a reunión do grupo de traballo creado no seo da comisión de seguimento do convenio asinado hai uns meses entre ambas entidades
A Xunta prevé implantar media ducia de másteres de formación profesional en Vigo o vindeiro curso
A Consellería de Educación está a ultimar os detalles da oferta destes cursos de especialización e da FP Dual, cun importante peso para a cidade da oliveira
As mostras procésanse un 30% máis rápido no novo laboratorio central de Ourense
O sistema de automatización intelixente mellora nun 30% os tempos de resposta ás mostras mais frecuentes dos servizos hospitalarios e de atención primaria e ata un 20% as urxentes
O edificio da Xunta en Pontevedra acolle a mostra 'Fazendo camiño' sobre o espazo Xacobeo entre o Norte de Portugal e Galicia
O delegado territorial, Luis López, asiste á apertura da exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 11 de xullo e posteriormente instalarase na Área Panorámica de Tui
Ethel Vázquez destaca que máis de 1.100 mozos do Salnés viaxan gratis por toda Galicia coa Tarxeta Xente Nova que lles permite aforros de ata 1.500 euros ao ano
Vázquez Mourelle subliña que con este dispositivo todos os menores de 21 anos teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde nas máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta
O Sergas aproba o baremo ordinario de carreira profesional áreas III e IV
Será aplicable nas vindeiras convocatorias para o acceso aos sucesivos graos dos diversos colectivos profesionais