Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/06/21 | 13:17 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 3.000 aspirantes participaron hoxe nas oposicións para o Corpo administrativo C1 da Xunta

A porcentaxe de participación foi do 47,1%, seis puntos superior á rexistrada no anterior proceso selectivo de 2016

12/06/21 | 13:01

O IGVS formará a 10 graduados en titulacións relacionadas coa vivenda e o urbanismo para facilitar a súa inserción laboral

É a segunda vez que o departamento autonómico convoca este tipo de bolsas, cunha duración de 12 meses prorrogables por outros 6 e dirixidas a universitarios que finalizaran os seus estudos superiores despois do 1 de xaneiro do ano 2018

12/06/21 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 impulsará máis dun millar de actividades presenciais con 3 M€ na súa segunda edición

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou hoxe a resolución da segunda convocatoria que se publicará nos vindeiros días

12/06/21 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A unidade teatral da Xunta recibe mañá no Salón Teatro a Chévere e ao Centro Dramático Nacional para realizar o primeiro percorrido de 'Dramawalker Vite'

O Centro Dramático Galego, o Centro #Dramático Nacional e a compañía compostelá coproducen este proxecto de mediación e creación escénica sobre a memoria do barrio santiagués

12/06/21 | 12:50 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Tamén permanece activo un lume no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima, que afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas

12/06/21 | 12:47 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie superior ás 20 hectáreas

12/06/21 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos de Ribadeo

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que nos últimos días as tarefas centráronse nos leitos dos ríos Vilaselán, Moureira e San Xulián

12/06/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Trofeo Xacobeo 2021 reunirá en Pontevedra a máis de 1500 piragüistas na súa primeira edición internacional

A iniciativa impulsada pola Federación Galega de Piragüismo terá lugar o vindeiro 19 de xuño na capital do Lérez