Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/05/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia avoga en Bruxelas pola posta en marcha de ferramentas que reforcen o respeto ao Estado de Dereito en tódolos países

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na terceira reunión do ano da comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores do Comité Europeo das Rexións

11/05/21 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O comercio vigués se suma ao sector da hostalería e sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola cidade

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, e o presidente de Vigo Comercio, Roberto Giráldez, presentaron hoxe a iniciativa para instalar a sinalética oficial nos establecementos vigueses ao longo do Camiño Portugués da Costa

11/05/21 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta completa a presentación no Concello de Vigo dos proxectos de urbanización para a ampliación de San Paio de Navia

Unha vez que o Goberno local aprobe os documentos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá comprar os terreos que faltan e licitar a primeira fase da obra

11/05/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a consulta pública a revisión do Plan hidrolóxico e do plan de xestión de risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia Costa

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que poden consultarse vía web e invitou á cidadanía a consultar a información do seu interese e transmitir as observacións que consideren oportunas

11/05/21 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta oferta á mocidade 80 prazas gratuítas para estadías de fin de semana no albergue Lug II, na capital, con actividades lúdicas e culturais

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se enmarcan no programa Primavera Xove para ofrecer opcións de lecer e ocio seguras para a xuventude galega

11/05/21 | 14:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a revitalización do Monte do Gozo como exemplo do compromiso de ofrecer un camiño para todos, máis inclusivo, máis accesible, máis sustentable, e sobre todo, un destino seguro

Lembra que en 2016 púxose en marcha o plan de revitalización ao que se destinaron 7,7 millóns para, entre outros aspectos: recuperar a zona residencial, reformar o edificio do cámping ou e rehabilitar o auditorio, incrementando a súa capacidade en 45.000 persoas

11/05/21 | 14:21 | C. de Sanidade
11/05/21 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade
11/05/21 | 14:11 | C. de Sanidade

García Comesaña anuncia un Plan de secuenciación para incrementar a capacidade de análise do xénoma completo de virus e bacterias

O seu desenvolvemento permitirá detectar con maior celeridade, e en maior número, as variantes dos virus

11/05/21 | 14:08

A Xunta invita aos alcaldes ourensáns da Ribeira Sacra a que informen aos seus veciños das axudas dispoñibles para conservación e rehabilitación de inmobles

O delegado territorial explica que os programas están dirixidos a particulares, comunidades de veciños, agrupacións de propietarios e administracións locais, co fin de mellorar o patrimonio edificatorio da Comunidade