Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/05/21 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-404 no concello de Tui

Os traballos supoñen un investimento autonómico superior aos 32.000 euros e contan cun prazo de execución de 2 meses

11/05/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén enxalza a memoria de Castelao na inauguración da exposición 'Castelao grafista (Facsímil)'

O delegado territorial subliñou que a verdadeira paixón de Castelao era Galicia

11/05/21 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta completará este mes o pago de 110 millóns de euros en axudas directas aos sectores da hostalería e do turismo en Galicia

A Administración galega abonou xa o 82% do segundo plan de rescate para autónomos, microempresas e hostaleiros afectados pola crise sanitaria

11/05/21 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ártika, Teatro Ensalle, Gurugú e Teatro del andamio reciben as axudas da Xunta ao funcionamento das salas escénicas

Estes espazos de titularidade privada situados en Vigo e A Coruña foron adxudicatarios da liña destinada a impulsar a programación de carácter profesional

11/05/21 | 13:29 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e López Diéguez reúnense cos bolseiros Beme da Secretaría Xeral da Emigración que cursan este ano un mestrado no campus de Pontevedra

Os alumnos, estudantes universitarios galegos retornados, están a levar a cabo algún dos mestrados que oferta a UVIGO neste campus da cidade do Lérez

11/05/21 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa aos mariscadores de Lourizán do próximo inicio das obras do emisario da ría de Pontevedra, cun investimento da Xunta de 12M€ e de xeito compatible coa actividade extractiva

Vázquez Mourelle explica que a obra consta dunha parte terrestre, de construción dunha cámara de carga e a estación de bombeo, e do emisario, de máis de 3,5 km

11/05/21 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 380.000€ na substitución da cuberta e das carpinterías do colexio CPI Ponte Carreira de Frades para adaptalo ao Plan de nova arquitectura pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

11/05/21 | 12:54 | C. de Economía e Industria

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal acada máis de 470 millóns de euros para desenvolver 1103 proxectos de innovación

A meirande parte das iniciativas encádranse dentro das seis áreas estratéxicas de cooperación identificadas no marco da Estratexia de Especialización Intelixente Tranfronteiriza, liderada pola Xunta e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte

11/05/21 | 12:40 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez reclama ao Goberno central que cumpra xa a sentenza do IVE transfira estes recursos ás comunidades

A sentenza do Tribunal Supremo coñecida onte da a razón a Galicia na súa reclamación da mensualidade do IVE correspondente ao mes de decembro de 2017

11/05/21 | 12:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.977 casos activos por coronavirus

Un total de 118.656 pacientes xa están curados