Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta expón a súa estratexia de innovación no foro ‘Innovar ou desaparecer’ organizado por Cesuga
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, sinalou que o orzamento do Goberno galego nesta materia para o 2021 elévase a 227,5M€, un 60% máis que en 2009, o ano de maior bonanza antes da anterior crise
A Xunta avalía a través de dous manuais técnicos a prevención de riscos laborais derivados do uso dos drons no traballo
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe a webinar ‘Uso de novas tecnoloxías en prevención de riscos laborais: drons’ que contou coa participación de máis de 340 persoas
O Diario Oficial de Galicia publica a oferta pública de emprego de Sanidade para 2021 que inclúe un total de 1.215 prazas
A oferta de persoal estatutario é de 1.203 prazas, que esgotan a taxa máxima de reposición de efectivos autorizada pola lexislación básica do Estado, que é do 110 por cento
A Xunta inicia as obras do Hospital Público Gran Montecelo co obxectivo de que estean rematadas entre finais de 2023 e principios de 2024, un ano antes do previsto
Feijóo subliña que co inicio da 1ª fase, dotada con 134 millóns, comeza a materializarse a ampliación dun hospital que atenderá as necesidades asistenciais da poboación de 26 concellos -máis de 300.000 habitantes-, nos próximos 50 anos
Os filmes premiados nos Mestre Mateo e ciclos de Rohmer e Rousseau centran a carteleira de maio na filmoteca de Galicia
Ao longo do mes poderán verse as longametraxes galegas ‘Ons’ e ‘Nación’, a webserie ‘Xan’ ou curta ‘Xoves de Comadres’
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de construción dun itinerario peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa estrada PO-504, no Concello de Sanxenxo
O contrato foi adxudicado por máis de 12.000€ e cun prazo de execución de 6 meses
A Xunta inicia as obras de construción da nova senda entre Carballo e Coristanco cun investimento de máis de 1 M€
As obras contan cun prazo de 8 meses, polo que se prevé rematalas a finais do ano
A Xunta ofrecerá ao GES da Cañiza un novo camión de emerxencias para intervencións en incendios
Destinará case 200.000 euros a un vehículo 4x4 tipo Bomba Rural Pesada equipado para intervir en lumes urbanos, industrias e forestais e que permite acceder a todo tipo de zonas
A Xunta mantén unha xuntanza coa Delegación do Goberno, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local para coordinar o proceso de vacinación masiva que dará comezo mañá nas sete grandes cidades
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, solicitaron a máxima coordinación entre as Administracións e os corpos de seguridade para que todo discorra coa maior fluidez e rapidez
A Xunta creará unha rede de información provincial para que os concellos poidan coñecer con anticipación os futuros proxectos eólicos
Conde apunta que o obxectivo é que as administracións locais coñezan as características de cada proxecto sen prexuízo das alegacións que este organismo, así como calquera outra persoa ou entidade da zona, poida presentar no trámite de exposición pública ordinario