Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Consorcio Provincial Contraincendios de Lugo entrega un equipo de excarceración para o parque de bombeiros de Viveiro
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou que tivo un custo de 44.000 euros e servirá para reforzar os medios de salvamento e rescate en situacións de emerxencia
A Xunta pecha co sector do ocio nocturno un plan de axudas específico por valor de 4 millóns de euros
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participaron hoxe nunha reunión na que se avanzou na reactivación dos negocios se a evolución dos datos da covid-19 o permite
A Xunta licita a redacción dos proxectos de tres actuacións para reducir o risco de inundacións no río Anllóns ao seu paso por Carballo, que suporán un investimento global de 3 M€
As empresas poderán presentar ata o 31 de maio as ofertas para acometer este contrato, licitado hoxe por máis de 143.000 euros
Feijóo traslada á vicepresidenta Nadia Calviño a oportunidade dos fondos Next Generation para modernizar a economía e contribuír a paliar os efectos da crise industrial e da transición enerxética
Incide en que a reconstrución económica do país pasa por que se financien as mellores iniciativas: “Non pode haber ningún outro criterio de selección que non sexa o de elixir proxectos solidamente construídos, que traian financiamento privado e que supoñan a creación de emprego con vocación de permanencia”
Valeriano Martínez subliña que o novo Plan galego de estatística 2022-2026 afondará na transparencia, na calidade e na accesibilidade da información
O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu hoxe o pleno do Consello Galego de Estatística
A Xunta inicia a fase de consulta pública do novo Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027, que optimiza a xestión integral da auga ante os retos do cambio climático
O DOG publica hoxe o inicio do proceso de participación que permite a presentación de suxestión e achegas durante os vindeiros 6 meses, ata o 30 de outubro
A Xunta somete a consulta pública o Plan de xestión do risco de inundacións da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa para o ciclo 2021- 2027
O plan recolle medidas para minimizar o risco de inundación por importe de máis de 100 M€, incorporando actuacións para desenvolver polas distintas administracións
A Xunta aposta por destinar os fondos de resiliencia para a Administración de Xustiza a actuacións de mellora do servizo
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participou hoxe nunha reunión extraordinaria da Conferencia Sectorial de Xustiza co Ministerio e o resto de comunidades autónomas
Política Social salienta o labor dos profesionais dos centros de menores durante a pandemia sanitaria
A Xunta de Galicia destinou máis de 190.000 euros a mellorar as dependencias situadas na capital ourensá