Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/04/21 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Ourense a comercialización do produto artesán galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron esta mañá a XXIV Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o domingo 2 de maio

30/04/21 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza un investimento de 2,4 millóns na mellora do firme de dúas estradas da Xunta do sur da provincia de Lugo e solicita ao Goberno de España que actúe nas vías estatais

As empresas teñen ata o 26 de maio para presentar as ofertas a estas obras, que comezarán en verán e rematarán este mesmo ano

30/04/21 | 13:38

O concello de Maside estrea un servizo de punto limpo móbil grazas a unha subvención da Xunta de preto de 60.000 euros

O municipio ourensán foi un dos beneficiarios da orde convocada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en 2020 para financiar proxectos locais relacionados coa mellora da xestión dos residuos domésticos

30/04/21 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega preto de 28.000 euros para a colocación dunha pérgola metálica no parque infantil de Labarta no concello coruñés de Noia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

30/04/21 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia un investimento de 187.000 euros na renovación das carpinterías exteriores do CEIP da Cruz-Budiño do Porriño

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe o centro escolar en compañía dos técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para informar á dirección deste centro pontevedrés dos traballos que se van a realizar

30/04/21 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na obtención de materiais de uso comercial a partir de residuos agroforestais unha oportunidade para o rural galego

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá, mediante videoconferencia, na xornada sobre materiais biobasados enmarcada no proxecto Valornature, no que colabora o CIS Madeira

30/04/21 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia que Galicia sexa a comunidade máis prexudicada polos novos criterios de distribución do Plan Concertado

Galicia pasará de percibir o 8,37% dos fondos destinados a axudar aos concellos a financiar os servizos sociais a tan só o 6,6%

30/04/21 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta crea un grupo de traballo no seo do comité educativo para desenvolver o Plan Recupera de apoio escolar

O conselleiro Román Rodríguez explica que este equipo definirá as estratexias de reforzo académico a poñer en marcha co obxecto de minimizar o impacto da pandemia nos estándares de calidade e equidade do sistema educativo galego

30/04/21 | 12:46

A Xunta outorga á Economía Social un papel decisivo na recuperación tras a pandemia como “fonte de oportunidades laborais”

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe en Santiago de Compostela un convenio co Foro pola Economía Social de Galicia (Foroesgal) para potenciar e visibilizar a potencialidade destas entidades