Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/04/21 | 10:06

A Xunta amplía ata os 96 millóns de euros o seu 2º plan de rescate para dar liquidez aos negocios afectados pola pandemia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación en 21 millóns de euros do orzamento inicial de 75 millóns, o que supón un incremento do 28%

29/04/21 | 20:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Museo do Mar acolle unha mostra fotográfica que retrata a situación das casas reitorais do Camiño de Santiago na provincia de Pontevedra

A directora de Turismo de Galicia inaugurou hoxe a exposición, que estará aberta ata o 31 de maio

29/04/21 | 20:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Isabel Risco e Fran Rei recrean a primeira banda tecno galega no 'Dúo vaguedades' do fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021

O secretario xeral de Política Lingüística e os dous actores presentaron as pezas nas que mesturan humor e música da man de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal

29/04/21 | 20:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo define a Pardo Bazán como figura de encontro entre Galicia e Madrid, dúas comunidades piares da "España unida e diversa"

Ve nesa dualidade un trazo definitorio da identidade galega: “Tanto aquí como en Bos Aires, A Habana, Londres ou Xenebra, o galego asimílase sen perder as súas raíces porque fai provisión de identidades nunha síntese marabillosa”, di

29/04/21 | 20:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa os traballos iniciais da senda peonil de Reza

Gabriel Alén incidiu ante os veciños nas melloras que suporá a nova senda na OU-402, cun investimento autonómico de preto de 1,1 M€

29/04/21 | 19:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O director da Axencia Galega de Infraestruturas salienta que a Vía Ártabra, na que a Xunta inviste 40 M€, se está a executar con todas as garantías ambientais

Francisco Menéndez fai fincapé en que se trata da maior licitación do Goberno galego en materia de estradas na última década

29/04/21 | 19:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta enxalza "Sabores e saberes no Camiño" como exemplo do potencial turístico da oferta gastrocultural do Camiño

O Centro Cultural Luis Seoane no concello do Pino acolleu o terceiro “showcooking” programado dentro desta iniciativa de “O Teu Xacobeo”

29/04/21 | 17:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Centro Tecnolóxico da Automoción acordan colaborar para desenvolver ferramentas de dixitalización e innovación na rede autonómica de estradas

O Goberno galego expón a súa estratexia para a dixitalización de estradas, que espera desenvolver con fondos europeos do programa ‘Next Generation’

29/04/21 | 17:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta marca como unha das súas prioridades de actuación o fomento do uso do galego nas familias e a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta no Parlamento as liñas de traballo do seu departamento, que aumenta o seu orzamento un 53%