Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ángeles Vázquez salienta o apoio da bióloga Odile Rodríguez de la Fuente á demanda de Galicia dunha xestión do lobo consensuada
Insiste en reclamar ao Goberno central que paralice a súa proposta para elevar o nivel de protección da especie ata que se aprobe unha nova estratexia nacional
A Xunta de Galicia divulga as historias de éxito da xuventude galega por redes sociais e ao abeiro de Talento Mozo
Organiza charlas con persoas destacadas en ámbitos como a creación, a economía social ou os medios de comunicación
Luis López informa en Pontevedra da campaña da Xunta para reactivar o comercio local e de proximidade con 330.000 bonos de descontos cun orzamento de 10 M€
O delegado territorial visita o establecemento Miler Vintage Running Club para ofrecer os detalles do ‘Bono Activa Comercio’ xunto ao presidente de Aempe, José María Corujo, e o do CCU Zona Monumental, Miguel Ángel Lago
A Xunta inviste en melloras de saneamento, limpeza e eficiencia enerxética no Concello das Neves co Fondo de Compensación Ambiental
O delegado territorial, Luis López, supervisa co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, a modernización do alumeado público en Moreira, que foi unha das actuacións do FCA xunto co saneamento do Corvo e a adquisición de contedores e maquinaria
Feijóo avanza un investimento de 52 millóns de euros para mellorar a xestión dos biorresiduos
Salienta que a Xunta destinará gran parte deste orzamento á construción de tres novas plantas de biorresiduos nos concellos de Vilanova de Arousa, Cervo e Verín
Os proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro xeraron 2.900 empregos no conxunto da economía galega desde 2016
Os oito grupos de dinamización socioeconómica do litoral de Galicia desenvolveron entre o 2016 e o 2020 preto de 500 proxectos que mobilizaron un investimento total de máis de 70 millóns de euros
Xunta e Concello de Lugo colaboran na dinamización do deporte lucense cun novo pavillón polivalente e a renovación do pavillón da OJE
O secretario xeral para o Deporte e a rexedora local abordaron os principais temas deportivos do concello lucense e repasaron a actualidade dos equipos da cidade
A Xunta somete a consulta pública a futura Lei de prevención das adiccións en menores de Galicia
Feijóo destaca que pretende introducir limitacións á venda, subministración, consumo e publicidade das principais substancias psicoactivas, así como recoller medidas específicas no caso das adiccións relacionadas co mal uso das tecnoloxías
A Xunta activa o Plan de prevención de incendios forestais, dotado con 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de monte e en 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación
Feijóo destaca que este ano imos limpar un 22% máis de hectáreas que no plan de prevención do pasado exercicio