Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/04/21 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/04/21 | 11:40 | C. do Medio Rural

A Xunta valora organizar máis edicións do curso sobre xestión empresarial para gandeiros tras o éxito da primeira, na que se cubriron todas as prazas dispoñibles

A iniciativa intégrase na Estratexia de Dinamización do Lácteo e persegue, entre outros fins, facilitar aos participantes ferramentas útiles no campo do control e xestión de custos e cara ás negociacións sobre o prezo do leite

22/04/21 | 11:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás lanza un programa de actividades ao redor de ‘Faraón. Rei de Exipto’ que en menos dun mes recibiu xa 21.000 visitantes

A oferta inclúe propostas para público familiar, como obradoiros de papiros e un ‘escape room’, ademais de visitas en liña, charlas e faladoiros sobre arqueoloxía

21/04/21 | 20:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta a oportunidade que ofrece “La Vuelta 21” para promocionar o turismo galego e o Camiño de Santiago no exterior

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación da etapa con percorrido e meta no concello de Mos, unha das tres que pasarán por Galicia antes de rematar neste Xacobeo na praza do Obradoiro

21/04/21 | 19:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada ao Goberno que pechar Ence non é unha opción e pide certezas e seguridade xurídica para manter a actividade e o emprego

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde en Madrid na mesa de traballo de Ence na que solicitou unha reacción por parte da Administración central

21/04/21 | 18:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa respalda o proxecto do Parque Acuático de Monterrei como unha actuación moi positiva que mellorará a calidade de vida dos cidadáns

Tras a inauguración da zona deportiva, a obra da primeira fase estará rematada no 2022 e as seguintes serán executadas sucesivamente

21/04/21 | 18:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou máis de 60 millóns á implantación das novas tecnoloxías no ámbito xudicial en Galicia

Todas as sedes xudiciais dispoñen de sistemas de videoconferencia e todos os órganos xudiciais contan con visor do expediente xudicial electrónico

21/04/21 | 17:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López salienta o "traballo imprescindible" de Protección Civil de Pontevedra na atención das emerxencias e operativos da cidade e trasládalle o apoio da Xunta

O delegado territorial visita a base da Agrupación de Voluntarios co Xefe do Servizo de Emerxencias Provincial, Miguel Pérez Dubois, para coñecer o seu funcionamento e as súas necesidades