Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

19/04/21 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato para executar as obras de construción do centro integral de saúde de Lalín por un importe de máis de 8,7 M€

As actuacións comezarán na segunda quincena de maio e prevese a súa finalización antes de que remate o ano 2022

19/04/21 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a estación de autobuses da intermodal de Vigo estará lista a final de ano para integrarse no nodo de transporte público máis importante de Galicia

Agradece a suma de esforzos e o entendemento entre administracións que fixo posible materializar este gran proxecto polo que pasarán en torno a dous millóns de pasaxeiros ao ano

19/04/21 | 11:52 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que a desescalada nas residencias continúa de forma progresiva coa flexibilización das visitas e as saídas

Os residentes poden recibir ata tres visitas semanais por parte de calquera ser querido e realizar ata tres saídas á semana de ata catro horas de duración

19/04/21 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina co Concello da Estrada o protocolo para a construción do novo edificio xudicial da Estrada

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde asinaron o acordo para regular o proceso que permitirá unificar os dous xulgados do municipio e atender as necesidades do partido xudicial

19/04/21 | 10:56 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.767 casos activos por coronavirus

Un total de 114.901 pacientes xa están curados

19/04/21 | 10:08 | C. de Economía e Industria

Os cidadáns poderán solicitar desde mañá as axudas do programa Renove Electrodomésticos coas que a Xunta prevé chegar a 20.000 fogares galegos

A convocatoria da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación facilitará a renovación de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas e encimeras a través dun orzamento de 3M€, un 70% máis que na edición anterior

19/04/21 | 09:59 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 63 persoas por 48 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 16 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 56 chamadas por accidentes de tráfico

19/04/21 | 09:38 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia Tributaria de Galicia reforzará os canais de información e asistencia aos contribuíntes e as formas de pago

A ATRIGA vén de publicar as liñas xerais do Plan de control tributario do ano 2021

18/04/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás festexa o Día do libro cunha narración musicada para público familiar da primeira tradución ao galego do ‘Quixote’

A iniciativa impulsada pola Xunta foi impartida pola contadora Soledad Felloza e baseouse na tradución realizada polo equipo dirixido por Valentín Arias

18/04/21 | 13:21 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia vacina a máis de 11.000 persoas do grupo de poboación de entre 60 e 65 anos

Ao redor do 70% das persoas convocadas acudiu a vacinarse contra a covid-19