Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

18/04/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta disporá de un sistema de Big Data para coñecer o perfil dos turistas e xestionar a información de reservas e ocupación

O prazo para a presentación de propostas ao concurso para a construción e posta en marcha dun sistema intelixente de análise avanzada para o turismo finaliza o 20 de maio

18/04/21 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e ASOTRAME colaboran na inclusión no ensino do alumnado tras períodos longos de hospitalización

Difundirán a ‘Guía de actividades para a volta á aula do alumnado hospitalizado’

18/04/21 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta porá en marcha un programa formativo en materia de consumo destinado a colectivos vulnerables

A iniciativa do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) inclúe un programa de formación de formadores e tres talleres sobre luz e gas, sobreendeudamento e compras realizadas por internet

18/04/21 | 12:45 | C. de Economía e Industria

O prazo para presentarse ao certame de materiais innovadores de Galicia que convoca a Xunta mantense aberto ata o 13 de maio

O obxectivo é identificar, potenciar e difundir os novos materiais creados en Galicia e poñer en valor o esforzo de I+D que se realiza neste campo desde as empresas, os grupos de investigación e os centros tecnolóxicos

18/04/21 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana os traballos de roza e limpeza en máis de 40 estradas do sur da provincia de Pontevedra

Continuarase, ademais, cos labores na vía de altas prestacións V.G.-4.4, no municipio pontevedrés de Marín

18/04/21 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de transferir máis 13,7 millóns de euros a 3.765 beneficiarios das axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da convocatoria da PAC de 2020

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, realizou as correspondentes transferencias que chegarán ás contas dos particulares ao longo da semana que vén

18/04/21 | 12:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada os piares do novo modelo residencial nun foro europeo organizado pola European Social Network

Destacou a importancia que xoga a dispersión da poboación, un factor diferencial da xeografía galega

18/04/21 | 12:08 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Amtega lanza a edición Júnior do programa tecnólogo por un día para nenos e nenas de 12 a 14 anos

O prazo de inscricións permanecerá aberto dende mañá ata o vindeiro 28 de abril

18/04/21 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia mañá as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-544 en Ames e Brión, que farán necesarios cortes puntuais de carrís ata o venres

Esta actuación suporá un investimento autonómico de preto de 48.000€ e realizarase nun treito de algo máis de 1 km no que o firme se viu deteriorado, especialmente como consecuencia das intensas choivas deste inverno

18/04/21 | 10:56 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.693 casos activos por coronavirus

Un total de 114.823 pacientes xa están curados