Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/04/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

"O teu Xacobeo" fai inventario das casas reitorais nas parroquias galegas do Camiño portugués e do Camiño Portugués pola costa

A delegada territorial presentou hoxe iniciativa, que conta cunha achega de 25.000 euros no marco deste programa que está a mobilizar preto de 8 millóns de euros

17/04/21 | 13:23

A Xunta licita por case 130.000 euros as obras de humanización do espazo público do Tameirón na Gudiña

Grazas a esta intervención melloraranse as infraestruturas básicas deste núcleo, como a rede de abastecemento e saneamento, como traballos previos á humanización do espazo público

17/04/21 | 12:53

Galicia pon a disposición do sector marisqueiro unha guía que facilita o seu labor na redacción e deseño dos plans de xestión

A Consellería do Mar presentoulle ás entidades do sector unha ferramenta á que poderán acceder nos vindeiros días e que pretende axudalas na confección dos plans de xestión con vixencia de tres anos

17/04/21 | 12:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia celebra o Día Europeo da Información Xuvenil cun evento en liña coa mocidade

Organiza dúas xornadas de actividades que permitirán aos participantes no programa Correspondentes xuvenís adquirir formación vinculada ao bo uso das redes sociais, así como para realizar dinámicas de deseño e emprendemento

17/04/21 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca en Silleda a aposta global da Xunta pola mellora, a promoción, a dinamización e o embelecemento da Vía da Prata e do Camiño de Inverno no marco do dobre Ano Santo

O delegado territorial asiste á inauguración da mostra de pintura coa que remata a actividade sociocultural ‘Trasdeza Pinta o Camiño’, financiada pola Vicepresidencia primeira ao abeiro do programa ‘O Teu Xacobeo’

17/04/21 | 12:26

A Coruña, Arteixo, Narón e Poio sumaranse este ano ao proxecto da Xunta para obter imaxes de alta resolución dos seus municipios

? O Instituto de Estudos do Territorio, a Fegamp e os catro concellos asinarán un convenio de colaboración para fixar os termos e condicións do acordo
A Xunta impulsou esta iniciativa en 2018 para dispoñer de información xeográfica cun maior grao de detalle do que dá o Plan nacional de observación do territorio

17/04/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o proceso de adxudicación de 24 vivendas de promoción pública en Chantada, no concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, sinala que as vivendas que se constrúen na rúa Canicouva poranse a disposición das familias da cidade, tras investir 3,4 millóns de euros

17/04/21 | 12:20

A Xunta licita por 390.000 euros a mellora da contorna da Igrexa de Torroso no concello de Mos

Grazas a esta actuación reforzase a accesibilidade e a funcionalidade de 2.750 m2 deste ámbito na parroquia de San Mamede

17/04/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

A formación especializada en xestión empresarial para os gandeiros impulsada pola Xunta dentro da Estratexia de dinamización do lácteo arranca este xoves no Pazo de Quián

Esta iniciativa persegue facilitar aos participantes ferramentas útiles no campo do control e xestión de custos e cara ás negociacións sobre o prezo do leite, así como unha visión máis ampla no eido económico sobre a súa actividade