Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/04/21 | 14:50

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten habilitadas catro liñas de axudas a particulares para o pago de alugueiro cun orzamento de case 10 M€

O delegado territorial, Luis López, informa destes programas de apoio para favorecer o mantemento dos fogares por parte das familias con escasos recursos económicos nunha visita ás dependencias do IGVS en Pontevedra

16/04/21 | 14:42

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de oito vivendas de promoción pública en Cerdedo-Cotobade

Trátanse de vivendas integradas nun grupo de 10 inmobles que o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a rehabilitar, cun investimento previsto de máis de 1 M€

16/04/21 | 14:26 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social sinala que o labor de Cáritas fai de Lugo unha provincia máis solidaria e integradora

O Goberno galego concedeu un total de 500.000 euros en axudas a esta entidade para o ano 2021

16/04/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia preto de 900 prazas en escolas infantís da Mariña lucense

Agradece aos profesionais o esforzo que están a realizar para garantir a aplicación dos protocolos de seguridade

16/04/21 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre en Vigo a programación académica do instituto Castelao en homenaxe á antiga alumna Xela Arias

O secretario xeral de Política Lingüística e a delegada territorial da Xunta participaron no acto inaugural e na descuberta dunha placa no salón de actos que desde hoxe recibe o nome da anfitrioa das Letras Galegas 2021

16/04/21 | 13:48

A Xunta insiste na necesidade de reformar o Código penal para desalentar as ocupacións e devolver as vivendas aos seus propietarios

Ángeles Vázquez presentou as conclusións e contido dos ditames elaborados por expertos penalistas a petición da Xunta, para poñer enriba da mesa solucións a este fenómeno, ante a pasividade e permisividade do Goberno central

16/04/21 | 13:43

O programa Emega da Xunta apoia 25 proxectos liderados por mulleres na provincia de Ourense

O delegado territorial informou de que estes proxectos supuxeron a creación de 44 empregos femininos cun investimento de 190.000 euros

16/04/21 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 133,5 M€, un 15% máis, os contratos que garantirán a conservación ordinaria e a vialidade invernal en 5.380 km de estradas autonómicas nos vindeiros 4 anos

Ethel Vázquez explica que son 7 contratos distribuídos por áreas que permiten unha vixilancia e control das estradas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible

16/04/21 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Avión asinan un convenio para impulsar a mellora do saneamento nos núcleos do Sifón e San Vicenzo, cun investimento conxunto de 185.000 euros

Trátase de conectar estes núcleos de poboación coa depuradora municipal, infraestrutura executada anteriormente pola Xunta cun investimento de 830.000€

16/04/21 | 13:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.523 casos activos por coronavirus

Un total de 114.611 pacientes xa están curados