Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/04/21 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na execución das obras da fase 0 do "Novo Chuac" cos traballos centrados no cuarto andar do hospital

A actuación, cun investimento de 13 M€, inclúe unha nova área de hospitais de día, outra planta de hospitalización e a ampliación das camas de coidados intensivos

15/04/21 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias destaca que os descontos por recorrencia que aplica a Xunta desde o 1 de abril permiten a calquera cidadán aforrar ata un 50% do custo das súas viaxes en bus

O delegado territorial de Lugo explicou que desde principios de abril aplícanse bonificacións por desprazamentos recorrentes que sexan pagados coa tarxeta moedeiro TMG en todo o territorio da provincia

15/04/21 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asume integramente o investimento final, de 82.000€, para a creación do novo comedor do CEIP San Tomé de Cambados

O delegado territorial, Luis López, visita este novo servizo escolar, que xurde da conversión da antiga vivenda do conserxe, de 200 m2, en comedor, espazo educativo, aseos accesibles e local para a Anpa

15/04/21 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 44.000€ en melloras no Colexio Plurilingüe de Oca, na Estrada

Construíuse unha pérgola para protexer a entrada do alumnado ao centro

15/04/21 | 13:41 | C. do Medio Rural

A partir do verán poderá atoparse xa no mercado produto amparado co selo de Artesanía Alimentaria de Galicia

Así o anunciou o responsable da Agacal, quen engadiu que este indicativo traerá vantaxes aos produtores, como a de dispor dun aval de garantía para as súas producións ou beneficiarse das campañas de promoción que faga a Xunta

15/04/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa aos traballadores socias das liñas de axudas para o pago de alugueiros que contan con 10 millóns de euros

A Xunta ten abertos catro programas de axudas directas para o pago de alugueiros para persoas que se atopen nunha situación económica delicada

15/04/21 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Gabriel Alén trasládalle aos alcaldes de Amoeiro e Manzaneda un convenio para a mellora integral dos centros de saúde

Ámbolos dous proxectos suman un orzamento de máis de 90.000 euros e serían financiados a partes iguais pola Xunta e polos Concellos ao tratarse de edificios de titularidade municipal

15/04/21 | 13:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.439 casos activos por coronavirus

Un total de 114.466 pacientes xa están curados

15/04/21 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería do Medio Rural destina 129.000 euros a acondicionar 3,4 quilómetros de camiños en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as obras executadas nas pistas a Pardellas e O Vilar, e anunciou o arranxo da que conecta Cabanas e San Xulián