Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/04/21 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta comunica ao sector comercial que a partir de mañá os establecementos poderán adherirse á campaña do bono activa comercio

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá nun webinario informativo con representantes do comercio galego

14/04/21 | 12:04 | C. de Política Social e Igualdade

Trenor destaca o éxito do proxecto RE-MAR de Amicos para a conservación da contorna mariña en colaboración cos pescadores, escolares, visitantes e veciños

Esta iniciativa desenvólvese xunto co Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en condición de socio,

14/04/21 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada AC-552 en Arteixo, nas que investirá máis de 2 millóns de euros

A intervención, cun prazo de 12 meses, acometerase entre o enlace coa AG-55 e o acceso á presa de Meicende, executando 2 glorietas para aumentar a seguridade

14/04/21 | 11:30 | C. de Sanidade

O Sergas publica o lugar e data de realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais na quenda de discapacidade intelectual

Están convocadas 148 persoas aspirantes ás probas selectivas que se realizarán en Silleda, o día 24 de abril ás 10,00 horas

13/04/21 | 21:38 | C. de Sanidade

O comité clínico decide manter o nivel máximo de restricións nos concellos de Carballeda de Valdeorras, O Grove e A Pobra do Caramiñal

Tamén determina o nivel alto para os municipios de Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa

13/04/21 | 18:54 | C. do Medio Rural

A Xunta porá en marcha a próxima semana formación especializada en xestión empresarial para os gandeiros ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo galego

Destacou o sistema de estudo de custos de produción que permitirá reforzar a posición dos produtores coas industrias, a futura marca Leite de pastoreo e a operación entre a sociedade gandeira Leite Noso e o grupo chinés Oviganic

13/04/21 | 18:34

Trenor e a confraría de pescadores de Porto do Son avalían as necesidades do sector da súa zona

O delegado da Xunta comprobou a utilidade das distintas adquisicións que se realizaron grazas ás axudas de máis de 70.000 euros da Consellería do Mar

13/04/21 | 18:24 | C. de Sanidade

Luis López destaca o “traballo global e transversal” da Xunta na protección da saúde das galegas e galegos fronte á covid-19 coas vacinacións masivas e as probas de detección

O delegado territorial supervisa a nova quenda de inoculacións no Recinto Feiral de Pontevedra, con 5.000 persoas citadas en dous días, e o arranque dos cribados para adolescentes, que se farán en toda a provincia, na Farmacia Amaro Area

13/04/21 | 15:53

A Xunta licita o servizo de divulgación e educación ambiental da aula da natureza do Siradella por 98.000€ para os próximos dous anos

O delegado territorial, Luis López, visita estas instalacións públicas no Concello do Grove e anuncia a apertura desta contratación para garantir o funcionamento deste centro ata xuño de 2023

13/04/21 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo participa na presentación de ‘Camiño creativo’ que impulsará unha vintena de proxectos culturais

O secretario xeral de Cultura salienta a importancia de fomentar o emprendemento cultural e o apoio aos novos talentos