Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/04/21 | 11:34 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.286 casos activos por coronavirus

Un total de 113.800 pacientes xa están curados

10/04/21 | 11:31

A Consellería do Mar convoca dous cursos de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo para 24 alumnos

As persoas interesadas en matricularse poden facelo ata o vindeiro 23 de abril e as accións formativas impartiranse entre os meses de maio e xullo

10/04/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 420.000 euros as obras para actuar nun treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-551 en Domaio, no concello de Moaña

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o inicio dos traballos na primeira quincena de maio, co obxectivo de telos rematados a finais deste ano

10/04/21 | 09:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 650 empresas turísticas están adheridas xa á nova edición do bono turístico #QuedamosenGalicia21

Os establecementos turísticos comezaron a subir os seus produtos ou paquetes turísticos á web de Turismo de Galicia

10/04/21 | 09:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa, con de preto de 1M€, a creación de espazos de tecnoloxía aplicada e aulas de emprendemento en centros de FP

Estarán dotados de equipamento e recursos para mellorar a cualificación dos estudantes de cara ao mundo laboral

10/04/21 | 09:45

Os interesados en solicitar unha axuda á mellora da conservación e da accesibilidade dos inmobles dispoñen ata o 22 de abril

Os beneficiarios desta liña de incentivos, que conta cun importe de 680.000 euros, son as persoas propietarias de vivendas unifamiliares e as comunidades de propietarios

10/04/21 | 09:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta porá en marcha un programa de formación sobre comercio electrónico e consumo responsable dirixido ás persoas maiores

A iniciativa, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), consta de oito talleres de diferentes temáticas nos que se prevé a participación de 2500 persoas

10/04/21 | 09:06 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía ata o 30 de abril o prazo para que as pemes do sector primario e agroalimentario galego presenten iniciativas para facer fronte aos efectos da covid-19

Os directores xerais da Consellería do Medio Rural mantiveron diversos encontros esta semana para dar a coñecer a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos e, ante o interese amosado, decidiuse ampliar o prazo de solicitude

09/04/21 | 19:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arantza Portabales arranca o ciclo ‘10 anos, 10 autores, 10 libros’ no marco do décimo aniversario da Biblioteca de Galicia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na iniciativa que permitirá coñecer as influencias literarias dalgúns dos autores galegos máis lidos