A Xunta defende o impulso das novas tecnoloxías no sector da construción para que se integre como un activo máis da transición dixital e ecolóxica de Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta tarde na apertura das I Xornadas de Industrialización da Construción, organizadas na Coruña polo Cesuga. Na súa intervención defendeu o impulso das novas tecnoloxías neste sector para que sexa un activo máis da transición dixital e ecolóxica da Comunidade e conseguir unha industria da construción máis competitiva, eficiente e sustentable.
Conde tamén se referiu á candidatura galega aos fondos Next Generation e, en concreto, ao proxecto TechMadeira que, cun investimento de 38M€, promoverá a construción que use este material. Lembrou, ademais, que o Goberno galego vén de aprobar un paquete de axudas por 13,8M€ para modernizar a industria forestal galega a través da formación e do investimento nos procesos de primeira e segunda transformación, ademais do contract. Tal e como explicou o vicepresidente económico, desde a Xunta estase traballando para potenciar a madeira como elemento estrutural que contribúa á edificación de fogares máis eficientes.