Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/03/21 | 12:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo de Belas Artes da Coruña prorroga a mostra 'Vestir épocas' ata o 30 de maio dado o éxito de visitas

É a segunda vez que se prorroga a exposición, que xa viron case 7.500 persoas

30/03/21 | 11:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o investimento na comarca da Coruña de máis de 710.000 euros en 5 proxectos de pemes de transformación de produtos do mar para mellorar as súas instalacións en 2020

Esta orde de axudas ten como obxectivo apoiar investimentos das pemes que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio ambiente, que melloren a seguridade, a hixiene e as condicións de traballo, entre outros aspectos

30/03/21 | 11:17 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración abre a nova convocatoria de axudas para proxectos de galegos retornados emprendedores, cunha liña específica covid

Estas axudas poderán solicitarse dende hoxe ata o 30 de setembro, e suporán unha axuda de ata 8.000 euros para a posta en marcha dunha nova iniciativa e 3.000 no caso da liña de reforzo da actividade pola pandemia

30/03/21 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo Plan Catedrais da Xunta blindará a conservación e rehabilitación das cinco galegas no horizonte do Xacobeo 2027

Porase en marcha esta primavera co fin de reforzar a planificación e dar continuidade ao esforzo inversor levado a cabo nestes bens nos últimos anos

30/03/21 | 11:04 | C. de Sanidade

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade de Santiago asinan dous convenios de colaboración para o fomento da doazón de sangue e o desenvolvemento dun proxecto co CIMUS

A colaboración das universidades galegas resulta imprescindible para a renovación da base de doantes e a captación de doadores e doadoras novos

30/03/21 | 10:56 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.307 casos activos por coronavirus

Un total de 112.233 pacientes xa están curados

30/03/21 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do monte "Santa Juliana" da Fonsagrada no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

En concreto, inscribiranse case 46 hectáreas deste monte de titularidade da Sofor homónima, situado no concello lucense da Fonsagrada

30/03/21 | 10:17 | C. do Medio Rural

A Xunta destina tres millóns de euros para as axudas de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia na convocatoria de 2021

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde da Consellería do Medio Rural, cuxo obxectivo é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas

29/03/21 | 20:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
29/03/21 | 17:53 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo

Segundo as últimas estimacións, o lume afectou 17,43 hectáreas de monte raso en Galicia