Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta achega máis de 500.000 euros á posta en marcha de programas de voluntariado xuvenil e sénior
O Diario Oficial de Galicia publicará mañá as tres ordes de axudas destinadas a entidades de acción voluntaria, así como entidades locais inscritas no Rexistro de Acción voluntaria de Galicia que desenvolvan actividades no 2021
A Xunta investirá 1,5 M€ na rehabilitación dos institutos Lucus Augusti e Nosa Señora dos Ollos Grandes a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica
Román Rodríguez salienta que serán dos primeiros centros adaptados ao modelo poscovid que impulsa o Goberno galego, con espazos máis amplos, flexibles e sostibles, o que suporá “un plus de calidade” para a comunidade educativa de ambos
Lete Lasa recibe a Eduardo Iglesias tras a súa excelente participación no Dakar e coa vista posta xa na tempada que vén
Nesta última edición de 2021, a Secretaría Xeral para o Deporte e Galicia Calidade colaboraron co piloto lucense a través de senllos contratos de patrocinio
Gonzalo Trenor informa da convocatoria dunha nova orde de axudas para concellos de menos de 5.000 habitantes para obras de abastecemento, saneamento e depuración
A liña de subvencións, dotada con 4 millóns de euros, vai destinada a impulsar actuacións que garantan o mellor funcionamento destes servizos, de competencia municipal
Lorenzana pide ao Estado o traspaso inmediato dos fondos e da información fiscal necesaria para activar o 3º Plan de Rescate
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe con representantes da Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (Uatae) e da Plataforma de Autónomos Temporais (PAT), no marco da rolda de contactos para deseñar o 3º Plan de Rescate da Xunta
A Xunta abre a fase de información pública do proxecto da senda peonil da estrada PO-548 en Valga, na que investirá 800.000€
O delegado territorial, Luis López, anuncia o comezo desta tramitación nunha visita á parroquia de Cordeiro co alcalde, José María Bello
Galicia demanda que os mariñeiros poidan exercer o seu dereito a voto con todas as garantías cando haxa citas electorais
A titular de Mar traslada aos responsables da organización Stella Maris que o Parlamento galego conta con iniciativas en marcha para pedir ao Goberno central que incorpore na lei electoral un sistema que posibilite o exercicio pleno deste dereito por parte do persoal embarcado
Medio Ambiente aproba inicialmente o Plan básico municipal do concello de Padrenda, o terceiro na provincia de Ourense
Tamén se converte no sexto concello galego en superar esta fase e que avanza na información pública necesaria para a súa aprobación definitiva e así dotarse dun instrumento básico de ordenación, previsto na Lei do solo