Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/03/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a investigación etnográfica arredor do Camiño de Santiago a través do programa “O teu Xacobeo”

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe en Vigo o obradoiro “Os pans do Camiño”, no que un grupo de mozos está a formarse na elaboración de repostería e panadería ecolóxica

27/03/21 | 13:44 | A Presidencia da Xunta

Feijóo celebra a apertura do peirao de Transatlánticos á cidadanía e defende que os espazos gañados benefician aos coruñeses

Reivindica a necesidade de abrir un espazo para a concordia política e convida a todas as administracións a traballar na procura de entendemento

27/03/21 | 13:30

A Xunta apoia á Federación galega de redeiras artesás do peirao cun protocolo de seguridade e saúde laboral fronte á covid-19

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Malpica unha xuntanza coa entidade e visitou as súas instalacións, onde coñeceu as artes que se traballan nesta localidade coruñesa

27/03/21 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza en distintas estradas das provincias da Coruña, de Ourense e de Pontevedra

Proseguirán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, en Ares e Mugardos

27/03/21 | 13:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra co sector das artes escénicas o Día Mundial do Teatro e anuncio unha bolsa de dramaturgia e creación

Román Rodríguez agradece o esforzo de adaptación realizado polo mundo da cultura ante o contexto de pandemia, apostando por novos formatos

27/03/21 | 13:00 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta desenvolve unha fronte común para a loita contra a ciberdelincuencia nas administracións, empresas e cidadanía

Abriuse o prazo, ata o 27 de abril, para a presentación de propostas por parte das empresas que soliciten participar na licitación para a prestación dos servizos de seguridade da información, ciberseguridade e protección de datos persoais mediante un Acordo Marco

27/03/21 | 12:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

Friol estrea a cuberta do pavillón do CPI López Suárez grazas ao apoio da Xunta

Preto de 10 millóns de euros serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva en 2021

27/03/21 | 12:20

A Xunta e o concello de Porqueira seguirán colaborando para habilitar máis vivenda protexida a prezos vantaxosos no municipio

O Goberno municipal acaba de pedir unha axuda ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para rehabilitar dúas antigas escolas de mestres e destinalas a alugueiro

27/03/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a colaboración e coordinación en materia de incendios forestais coa Unidade Militar de Emerxencias

O director xeral de Defensa do Monte mantivo unha xuntanza de traballo co tenente coronel de infantería do V Batallón de Intervención en Emerxencias da UME

27/03/21 | 12:15

Medio Ambiente licita por 58.000 euros a redacción do proxecto de rehabilitación dun inmoble no casco histórico de Tui

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adquiriu esta vivenda, situada no número 20 da rúa Obispo Castañón, a través da oferta pública de compra de inmobles do programa Rexurbe