Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez garante que a Xunta demandará un compromiso do Goberno de España coas autovías pendentes en Lugo e unha conexión “sen recortes” coa alta velocidade ferroviaria
A conselleira traslada a inquedanza pola falta de avances nas infraestruturas estatais en Lugo e apunta que o ritmo de execución da autovía A-54 a Santiago impide o seu remate en 2021, a pesar de iniciarse hai xa 22 anos
O Gaiás conmemora o día da narración oral coa contacontos Marta Ortiz e un repertorio da tradición galega e portuguesa
A Xunta programa o sábado 20 de marzo ás 12,00 horas o espectáculo familiar titulado ‘Galicia Máxica’, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos
A Xunta trasládalle ao Goberno central o seu informe xurídico sobre a Lei de cambio climático, que conclúe que o artigo 18.4 é “frontalmente inconstitucional”
A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta determina que este apartado da norma e o 18.3 son “contrarios á seguridade xurídica”
O Plan de seguridade e saúde laboral da Xunta para 2021 inclúe 60 actuacións e prioriza a unidade covid-19 e campañas nos sectores da pesca e agro forestal
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, presentou en Santiago de Compostela o Plan de actividades para 2021, que inclúe sete eixos
A Xunta convoca as primeiras axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde na que se regulan as condicións para a concesión de axudas para compensar os danos que provoca esta especie silvestre en perigo de extinción
A Arnoia albergará o primeiro polígono cortalume da provincia de Ourense
Terá unha superficie de arredor de 60 hectáreas e localizarase dentro de montes de propiedade municipal, nos que se fomentará o cultivo de viñedo
O comité clínico determina o nivel máximo de restricións nos concellos de Vilardevós, Paradela e Maside e establece medidas de nivel alto noutros sete municipios
Nos termos municipais de Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo rexerán as medidas de nivel alto
Feijóo analiza co secretario xeral da UGT a crise industrial da Comunidade e os retos derivados do impacto da pandemia e da xestión dos fondos de reconstrución europeos
Destaca que a colaboración cordial e frutífera entre Xunta e UGT é fundamental tanto para o desenvolvemento do Diálogo Social como para os logros acadados en materia de igualdade laboral
A Xunta alerta do impacto que suporá o peche de Ence para o emprego no sector forestal galego
O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuníronse hoxe con representantes do sector
Galicia defende a estabilidade ou incremento das cotas de pesca das principais especies nas augas compartidas co Reino Unido
A comunidade avoga na fixación de cotas para 2021 pola mellora das propostas do Consello Internacional para a Exploración do Mar en recursos obxectivo da frota como a pescada do norte, o rapante ou o peixe sapo