Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/03/21 | 18:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina este ano 4,8 M€ ao funcionamento dos GES, máis da metade do seu custo anual

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González; asinaron co presidente da FEGAMP e as deputacións provincias a addenda ao convenio de colaboración para o desenvolvemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais

16/03/21 | 18:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora coa Real Academia Galega nun congreso internacional que analizará en outubro a figura de Pardo Bazán

Inclúese na aposta do Goberno autonómico por impulsar a súa figura con varias iniciativas en marcha que incluirán unha gran exposición coa Biblioteca Nacional

16/03/21 | 17:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca Ánxel Casal celebra o Día Mundial da Poesía co espectáculo ‘Videopoética’ da man de Yolanda Castaño

Esta proposta artística, que combina o recital en directo con pezas de audio e proxección de videopoesías, terá lugar mañá pola tarde

16/03/21 | 17:12

Medio Ambiente asesorará ao Concello de Rodeiro na elaboración dun estudo de mellora paisaxística

Francisco Barea explicou ao rexedor municipal as pautas iniciais que deben seguir para redactar esta ferramenta na que plasmar as actuacións de mellora, conservación e recuperación das contornas

16/03/21 | 16:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Clúster da Industria do Deporte e do Benestar de Galicia bota a andar para reactivar e recuperar o sector

Trátase dun espazo no que as empresas asociaranse para proporcionar recursos, capacidades, competencias, medios, formación e asesoramento ao amplo sector relacionado co ámbito deportivo

16/03/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta levará a cabo a instalación de climatización en varias dependencias da Audiencia Provincial de Ourense

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reuniuse hoxe co xuíz decano, a secretaria provincial coordinadora, a fiscal xefa e o presidente da Audiencia Provincial

16/03/21 | 15:19 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o labor do grupo de traballo posbrexit para elaborar unha postura galega coordinada co sector, sustentada en informes e con aliados dentro das rexións europeas afectadas

“Seguiremos traballando para concretar as prioridades do sector, posicionar Galicia e, posteriormente, exportar as nosas propostas ás rexións europeas afectadas, co fin de expandilas á Comisión Europea”, garantiu

16/03/21 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa na reactivación económica coa primeira aceleradora galega especializada no sector turístico

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, presidiu o acto de presentación no Centro Superior de Hostalería de Galicia