Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Ribadavia
Gabriel Alén trasladoulle a implicación do Goberno galego coa vila de Ribadavia, e lembroulle o recente investimento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de 1,1 M€ na rehabilitación integral do IES O Ribeiro
Luis López anima ao emprendemento no ámbito da conciliación rural coas axudas da Consellería de Política Social na súa visita á casa niño da Lama
A Xunta abre a sexta convocatoria para estas instalacións infantís con 1,6 M€ e unhas achegas de 15.000€ para obras do inmoble e equipamentos e 19.600€ anuais para o seu funcionamento, xa que son gratuítas para as familias
A Xunta e a Cámara de Santiago acordan un programa formativo para mellorar a competitividade das empresas culturais
Tocará temas como internacionalización, capital risco, xestión empresarial e transformación dixital, ou novas vías de negocio como a creación de videoxogos
Ethel Vázquez destaca o valor patrimonial do acondicionamento da contorna da Ponte Vella de Ourense, no que a Xunta inviste 1,1 M€ coa fin de poñelo ao servizo de veciños e visitantes no verán
Esta nova actuación abarca a propia Ponte romana e a oficina de turismo, a contorna da Capela dos Remedios e a mellora da conexión co río Miño, sobre o que se habilita un novo miradoiro
A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 78 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia
Leváronse a cabo 107 dispositivos con 370 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
A Xunta amplía ata os 7 M€ as axudas para facilitar a restaurantes e cafeterías o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar
O Goberno galego reforza con 4 M€ a dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas
Galicia defende a estabilidade ou incremento das cotas de pesca tanto das especies principais como accesorias nas augas compartidas co Reino Unido
A comunidade considera claves esas melloras para facilitar o labor da frota e permitir os intercambios de cotas con outros países, que se ven limitados pola cesión de posibilidades de captura por parte da Unión Europea ao Reino Unido no marco do acordo sobre o brexit
A Xunta adxudica a redacción do proxecto da nova estación depuradora de augas residuais de Burela
Os traballos, adxudicados por preto de 88.000 euros, contan cun prazo de execución de 8 meses
Luis López garante que Sanidade vacinará fronte a covid-19 aos 22.000 maiores de 80 anos da área sanitaria de Pontevedra con inoculacións a domicilio cando teñan problemas de mobilidade
O delegado territorial da Xunta cre que o sistema artellado, con 15 puntos de vacinación nas cabeceiras comarcais, é o máis axeitado por operatividade, loxística, axilidade e para asegurar a conservación das doses
A cuarta planta de biorresiduos da Xunta estrá ubicada no concello de Verín, no polígono emperesarial de Pazos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza esta mañá a localización da terceira infraestrutura deste tipo que construirá Sogama grazas a un investimento de 5 millóns de euros e que dará servizo a 24 concellos da provincia