Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa a competitividade empresarial a través dunha nova liña de axudas que apoia proxectos de I+D+i nos que colaboran entre pemes galegas
A Axencia Galega de Innovación (Gain) celebrou esta semana o webinario de presentación da convocatoria Conecta Hubs, dotada con 6,8M€
Román Rodríguez avoga por camiñar da man da sociedade no fomento do uso da lingua galega entre as xeracións máis novas
A Xunta conmemora esta efeméride xunto coa xornalista Esther Estévez e cunha proposta familiar emitida en streaming desde a Cidade da Cultura
A Tarxeta Básica, impulsada pola Xunta, leva beneficiado a 35.200 galegas e galegos desde a súa posta en marcha
O Goberno galego leva investidos 13,8 millóns de euros
O Monte do Gozo contará cun punto Citypaq para facilitar o envío e recepción de paquetes para os peregrinos
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro con “El Camino con Correos” para avanzar nesta e noutras vías de colaboración conxunta
A Xunta inicia a vindeira semana as tarefas de roza e limpeza na estrada autonómica OU-533 que comunica os concellos ourensáns da Gudiña e A Rúa
Seguirán os labores iniciados a pasada semana na vía ourensá OU-114, en Caldeliñas e Campo Becerros; e na vía lucense LU-530, en Lugo e Castroverde
Galicia rexistra un total de 8.616 casos activos por coronavirus
Un total de 99.967 pacientes xa están curados
A Xunta presenta ao sector pesqueiro os dous informes sobre os efectos do acordo do brexit que guiarán a estratexia de defensa de Galicia
Un deles é sobre as implicacións xurídicas, foi elaborado polo Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga e considera que o acordo comercial pode ser obxecto de control xudicial polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea
A Xunta trasládalle ao Ministerio de Transportes a súa proposta de bonificacións da AP-9 para abordala na comisión conxunta e garantir que desta vez gañen os galegos e non a concesionaria
Vázquez Mourelle detalla que a fórmula prioriza aos usuarios recorrentes, bonificando o 100% da volta para os vehículos lixeiros con telepeaxe que realicen a volta nun intervalo de 24 horas ou con 2 viaxes de ida e de volta na mesma semana
A Xunta recuperará en primavera case 750 hectáreas de pastos en montes veciñais de 24 concellos galegos cun investimento de 4 M€
A segunda fase deste plan prevé intervencións en 30 montes veciñais