Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/02/21 | 11:53

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública no Casco Histórico de Vilalba

O delegado territorial, Javier Arias, salientou que as promocións do IGVS na localidade suman 294 pisos que rexistran plena ocupación

05/02/21 | 11:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia e a Fundación "la Caixa" poñen en marcha obradoiros en liña gratuítos para as persoas maiores

Fabiola García subliña o valor das novas tecnoloxías na situación actual de pandemia para dar aos maiores a oportunidade de seguir aprendendo, manterse activos e relacionarse

05/02/21 | 11:19

A Xunta tramita a inscrición do monte 'Serra do Eixe e Monte Mazaira' no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

Trátase dun monte sito no concello ourensán da Veiga e de titularidade da comunidade de Meixide

05/02/21 | 11:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación da transferencia a prol do Concello de Guitiriz da estrada LU-241, que coincide na súa totalidade coa rúa Rosalía de Castro

A vía autonómica, de 210 metros de lonxitude, parte da N-VI e remata na súa intersección coas rúas do Ferrocarril e Xermolos

05/02/21 | 10:39

As empresas poderán comunicar desde mañá ante a Xunta o cambio de ERTE sen necesidade de tramitar un novo expediente

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que simplifica a tramitación dos cambios entre modalidades de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) promovidos polos empresarios para adaptarse ás medidas sanitarias decretadas en cada momento

04/02/21 | 18:17

Medio Ambiente estudará co Concello do Irixo posibles fórmulas para habilitar vivendas de promoción pública no municipio

A conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor Manuel Cerdeira reuníronse esta tarde por videoconferencia para abordar varios asuntos de interese municipal

04/02/21 | 18:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sanidade xa supera as 40.000 persoas nos cribados de detección da covid-19 realizados na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés e prepara novas probas

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, e a directora de Atención Primaria, Belén Piñón, acuden ao cribado de Ponte Caldelas, ao que están citados 3.000 veciños de entre 40 e 79 anos, que foi a franxa de idade determinada segundo os criterios sanitarios e sociais, ata o vindeiro sábado

04/02/21 | 17:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Concello da Gudiña coinciden na oportunidade que supoñen os fondos do Plan de Recuperación para impulsar o acondicionamento da estrada OU-533 entre A Gudiña e A Rúa

O Goberno galego solicitou xa ao Executivo central fondos de reconstrución para a mellora desta estrada autonómica, coa fin de contribuír ao reequilibrio territorial dos municipios da zona, ante a posta en servizo da alta velocidade ferroviaria

04/02/21 | 17:16 | C. de Sanidade

Trenor visitou o operativo do cribado de detección da covid-19 na Laracha no que se convocou a 5.453 persoas

O delegado da Xunta informou que o cribado comezou o pasado xoves e rematará mañá sábado

04/02/21 | 16:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adecúa a oferta de servizos de transporte interurbano ás restricións de mobilidade

O transporte público manterá as expedicións destinadas á mobilidade dos estudantes, do persoal sanitario e doutros colectivos de traballadores