Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/01/21 | 12:01 | C. de Sanidade

Un total de cinco empresas presentan ofertas para executar as obras da reforma da farmacia do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

A actuación dividirá a área de Farmacia do CHUS en catro zonas homoxéneas, destinadas ao almacenaxe, vestiarios, salas para a elaboración de medicamentos e terapia xénica, e farmacotecnia

31/01/21 | 11:55 | C. do Medio Rural

Galicia participa no deseño das axudas estatais para mellorar os viveiros e os centros de limpeza de transporte de gando e xestionará estas achegas

A medida, coordinada e financiada polo Ministerio de Agricultura, servirá para reforzar os sistemas de capacitación e bioseguridade nestas instalacións

31/01/21 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza en novas estradas das provincias de Ourense e de Lugo

Comezarán os labores na OU-540A entre a cidade de Ourense e A Madalena; e na OU-121 no Barco de Valdeorras e Prada

31/01/21 | 11:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta xa recibiu máis de 2.500 denuncias de competencia municipal relacionadas coa covid-19 enviadas polos concellos adheridos ao convenio coa Fegamp

Un total de 172 municipios uníronse ao convenio, que ten como obxectivo contribuír a axilizar os procedementos e paliar a carga administrativa de moitos municipios

31/01/21 | 11:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.608 casos activos por coronavirus

Un total de 72.756 pacientes xa están curados

31/01/21 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de desestacionalización turística Elixe Galicia da Xunta, premio Fitur ao mellor produto de turismo activo

É a quinta ocasión en que Galicia recibe este recoñecemento a un produto de turismo activo

31/01/21 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O préstamo de libros electrónicos nas bibliotecas públicas da Xunta duplícase desde o inicio da pandemia

GaliciaLe, a plataforma de préstamos de publicacións dixitais xestionada pola Consellería de Cultura, rexistrou 129.784 préstamos en 2020 fronte aos 56.144 do ano anterior

30/01/21 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal solicitan manter abertos os máximos pasos posibles para evitar o impacto do peche da fronteira na Eurorrexión

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal pide que se teñan en conta as peculiaridades das áreas transfronteirizas nos controis e na limitación de mobilidade

30/01/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Conde analiza co alcalde de Vilanova de Arousa novas actuacións para potenciar a industria, o comercio e o emprendemento

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, informou ao rexedor, Gonzalo Durán, das distintas convocatorias abertas, entre elas os apoios por 2,3M€ para mellorar os parques empresariais

30/01/21 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello do Corgo coinciden na importancia de manter a cooperación institucional para reforzar o tecido empresarial deste municipio lugués

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Felipe Labrada, centrado nas medidas de apoio ao emprendemento e a atracción de compañías cara ao polígono industrial