Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinará máis de 400.000 euros ao grupo de desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea para apoiar o seu labor ata o ano 2022
Con estas achegas búscase que o GDR poida continuar dinamizando a súa zona de influencia na provincia de Ourense e seleccionando novos proxectos que contribúan a acadar un maior desenvolvemento dos concellos implicados
Un total de 14 empresas presentan as súas ofertas para executar a nova senda entre Carballo e Coristanco, cun investimento de máis de 1 millón de euros
A actuación comezará na primavera e estará rematada a principios de 2022, pois conta cun prazo de execución de 8 meses
A Xunta recoñece o labor dunha ducia de centros escolares e docentes cos primeiros premios ‘Innovagal’ á innovación educativa
Esta iniciativa pon en valor o labor de profesorado e colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos ou organizativos para dar resposta ás necesidades do seu alumnado
A Xunta salienta o papel clave do Clúster da Loxística para desenvolver a estratexia ‘Galicia, porto unico’ de cara a 2030
O Executivo galego destaca que a alianza público-privada acadada dentro desta organización é unha boa ferramenta para conseguir unha unidade portuaria na comunidade máis intelixente, máis sostible e máis responsable
A Xunta activa apoios para promover a actividade dos novos clústeres a prol da dixitalización e a competitividade das pemes
A convocatoria da nova liña de axudas para as agrupacións sectoriais emerxentes, dotada con 500.000 euros, estará aberta ata o 10 de marzo
Galicia rexistra un total de 22.511 casos activos por coronavirus
Un total de 71.531 pacientes xa están curados
A Xunta aproba o proxecto de demolición da actual estación de autobuses de Santiago coa fin de licitar as obras en marzo e comezalas no verán, cun investimento de case 1,5 M€
A actual terminal será demolida integramente e en orde inversa á que corresponde á construción dunha obra nova, procedendo desde arriba cara a abaixo, empezando polas dársenas de autobuses e continuando pola terminal de pasaxeiros
Preto de 450.000 persoas participaron no Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal
Grazas as colonoscopias realizadas a 26.647 pacientes no marco do programa, lévanse detectados 1.436 casos de cancros invasivos, 4.736 de adenomas de alto risco, 6.572 de adenomas de risco medio e 5.983 de adenomas de baixo risco
A Xunta mantén o importe dos convenios das federacións deportivas que neste 2021 e a pesar do descenso da actividade volven acadar 4,4 millóns de euros
Os convenios de colaboración que o Goberno galego asinará coas respectivas federacións deportivas mais o convenio para o mantemento de Verducido ascenden a un importe de 4.392.684 euros, o mesmo que o destinado en 2020, un 2% máis que en 2019 e sendo, de novo, a dotación económica máis elevada desde o ano 2011
Galicia defende en Bruxelas o papel dos entes rexionais e locais na xestión das crises sanitarias
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na primeira reunión do ano da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións