Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

02/12/22 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo visitará esta semana en República Dominicana proxectos financiados pola cooperación galega

O vicepresidente segundo da Xunta coñecerá os proxectos levados a cabo no país a través de ONGD como Asemblea de Cooperación pola Paz, AGARESO ou as fundacións Balms para a infancia, ou Intered
 

01/12/22 | 20:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de medio cento de proxectos optan á construción da nova Delegación territorial do Goberno galego en Ourense

Tras o peche do prazo para presentar propostas ao concurso de ideas, o procedemento avanza coa constitución, hoxe, do xurado que seleccionará a solución gañadora

01/12/22 | 17:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a achega anual de máis de 564 M€ aos concellos para garantir a súa suficiencia financeira e colaborar na prestación dos seus servizos

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, compareceu a petición propia hoxe no Parlamento de Galicia, onde destacou que Galicia garante desde 2011 a participación dos concellos nos orzamentos autonómicos a través do Fondo de Cooperación Local

01/12/22 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Un estudo elaborado pola USC clarifica as competencias da administración autonómica e as entidades locais para garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos

O presidente do Goberno galego destaca que “a Xunta trasladará” este estudo á Fegamp que desligouse do convenio inicial e elaborou un informe pola súa parte

01/12/22 | 14:15 | C. de Sanidade

O Sergas modifica o pacto de selección temporal respecto das situacións relacionadas co nacemento de fillos

A modificación do Pacto prodúcese logo do acordo unánime coas organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UGT

29/11/22 | 18:22 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP aproba o número 64 da revista galega de Administración Pública

A revista incluirá estudos sobre a responsabilidade patrimonial da Administración, a resposta da Administración contra a homofobia ou o financiamento dos municipios pequenos e o despoboamento

29/11/22 | 15:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda defende o compromiso da Xunta con Ferrol que reflicten os orzamentos de 2023 e apela á implicación do Goberno para concretar os proxectos de futuro na comarca

Resalta que as contas do vindeiro ano reservan 113,3 M€ para melloras en sanidade, na rede viaria, nos servizos sociais ou no eido educativo en Ferrol, Eume e Ortegal

28/11/22 | 16:27 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña os intereses comúns de Galicia e Asturias por unha financiación autonómica que atenda a dispersión poboacional

Demanda ao Goberno unha reforma do modelo de financiación baseada nunha xustiza distributiva para as CC.AA con poboación envellecida e dispersa e alerta que unha negociación bilateral poría en “pé de guerra” ás comunidades que quedan fóra